• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do programa Nova oportunidade para as persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR790A).

Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.

AXUDAS PARA A ATRACCION DE EMPRESAS A GALICIA

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a concesión de axudas para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

-Proxectos de investimento empresarial cun investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.

-Proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 €, cunha creación de emprego de 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.

Resolución da convocatoria 2023 da Concesión II EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 15 de decembro de 2023 adoptou o seguinte
acordo:
Concesión da convocatoria 2023  premios II EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA.

Pósede consultar a totalidade da información da concesión dos premios no arquivo adxunto en pdf

Resolución da concesión da convocatoria 2023 de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela 2023

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 15 de decembro de 2023 adoptou o seguinte
acordo:
Concesión da Convocatoria de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela 2023.

Pódese consultar a totalidade do acordo no documento adxunto en PDF

 

Resolución de concesión da convocatoria 2022 de Axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social de Santiago de Compostela 2022

A xunta de Goberno Local aprobou, na sesión do 11 de outubro de 2022, as bases reguladoras da “CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS A APOIAR ÁS
EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA cuxo extracto foi publicado no BOP da provincia da Coruña con data de 18 de outubro de
2022. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, recíbense un total 18 solicitudes. 

Pódese consultar a totalidade do acordo no documento adxunto en pdf
 

SUBVENCIONS PARA ACTUACIONS DE MELLORA DOS ESTABLECEMENTOS TURISTICOS DE HOSTALERIA E RESTAURACION

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

PROGRAMA RE-ACCIONA

Aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante a Resolución do 12 de decembro de 2023 (DOG nº 241, do 21 de decembro).

PRESTAMOS DIRECTOS PARA O FINANCIAMENTO EMPRESARIAL EN GALICIA

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos:

-Préstamos para investimentos estratéxicos; préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego;

-Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval;