• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago conta dende o venres pasado cun espazo permanente e con actividades estables para promocionar a cultura maker.

Trátase do Espazo Maker Compostela, que estará ubicado na Casa das Asociacións de Cornes, e que ofrecerá diferentes actividades e obradoiros nas tardes dos venres e os sábados todo o día.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou este novo servizo "que está destinado a impulsar a creatividade entre a veciñanza, e a fomentar a súa participación en actividades tecnolóxicas e creativas".

Etiquetas:
novas , Espazo Maker , Casa das Asociacións de Cornes , EDUSI

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na entrega dos premios Peme do Ano da Cámara de Comercio, nun acto no que parabenizou a todas as persoas galardonadas así como a iniciativa colectiva, que pón o foco nos proxectos empresariais que máis o merecen". Na súa intervención, animou á veciñanza a "tomar consciencia" á hora de "escoller onde mercar, a que empresa chamar ou que producto seleccionar".

Etiquetas:
novas , premios , PEME , "Concello de Santiago de Compostela "

Mañá bota a andar o programa de formación especializada sobre cooperativismo, enmarcado no convenio de colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude e a Unión de Cooperativas Espazocoop. Serán catro cursos gratuítos presenciais, que se desenvolverán no edificio Cersia de San Lázaro. O obxectivo é consolidar as empresas de economía social, e potenciar o intercambio de experiencias entre elas.

Etiquetas:
novas , cooperativismo , formación , Espazo Coop , Concello de Santiago

A Praza Roxa acollerá mañá o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, en colaboración coa asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de petiscos de restaurantes colaboradores, palestras, e música ao vivo.

Etiquetas:
novas , "Concello de Santiago de Compostela " , fomento , produtos , ecolóxico , proximidade

Taller práctico: "Como mellorar as túas campañas de marketing online con IA"

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking , IA , marketing

Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, a xornada GRATUÍTA:

Venres, 21 de xuño, en horario de 12:00 a 14:00 horas


"Explorando a Realidade virtual, Realidade aumentada
e a Visión artificial
"

 

Etiquetas:
novas , coworking , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA

12 Comercios 12 Sensibilidades é un proxecto de 12 comercios de Compostela que conflúen durante 12 meses, para dar visibilidade a 12 proxectos solidarios.

Etiquetas:
novas , 12 comercios + 12 sensibilidades

"Xeración optimizada de consultas a chatGPT e similares"

Etiquetas:
novas , emprendemento , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , empresas

Música, pasarrúas, animación infantil e moitos agasallos conforman a programación de "Prima 24", a festa do comercio local que se desenvolverá ao longo do venres 14 e do sábado 15 de xuño en diferentes barrios da cidade. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira Promoción Económica, María Rozas, farán este venres un percorrido para coñecer de primeira man as propostas comerciais e lúdicas que ofrece esta cita consolidada da cidade, nun paseo que arrancará da praza de Cervantes ás 18:00 horas.

Etiquetas:
novas , comercio , atraccións

Medio cento de marcas galegas de moda, xoiaría, cerámica, cestería, decoración ou mesmo alimentación participarán o próximo domingo en "Sabor a novo", un evento que se celebrará no Pazo de San Lourenzo e no que tamén haberá música en directo, obradoiros de creación artesanal, e unha ampla oferta gastronómica. O obxectivo é "poñer en valor a produción e a artesanía galega e o comercio de proximidade, cunha actividade que quere ser tamén lúdica para atraer a novos públicos".

Etiquetas:
novas , artesanía , comercio , música , Pazo de San Lorenzo