• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Investors day: coñece o que os inversores buscan!

Aproveita esta ocasión para escoitar, de primeria man, as claves e consellos das distintas fontes de financiamento para o teu proxecto
 

Etiquetas:
novas , emprendemento , investimento , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA

People Analytics: ver máis, ver diferente, ver mellor

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking. emprendemento , SACYR

A Xunta de Goberno local deu luz verde á aceptación da subvención de 3.228.069,12 euros para o desenvolvemento do proxecto "Entre Sar e Sarela", unha axuda concedida pola Fundación Biodiversidad como parte do programa europeo NextGeneration EU. Tamén se aprobou a creación dos órganos de gobernanza e participación que permitirán a xestión deste ambicioso proxecto que recolle actuacións en diferentes zonas da cidade como o barrio de Pontepedriña, o Xardín Botánico, a lagoa do Auditorio de Galicia, co obxectivo de completar a rede de sendas e consolidar así o anel verde ao redor da cidade. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta en rolda de prensa deste e outros asuntos como a nova convocatoria de axudas á rehabilitación de vivendas no barrio de Pontepedriña por 446.400 euros.

Etiquetas:
novas , intervencións , medio ambiente , Sar , Sarela , NEXT GENERATION

TALLER Online: Caso de éxito


MIP: unha solución tecnolóxica a medida para optimizar o teu negocio


Ferramenta de planificación automatizada das quendas de traballo

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , MIP , on line , gratuita

O executivo municipal deu luz verde esta mañá á aprobación do expediente de contratación das "Obras de execución do proxecto de Senda peonil da rúa das Estrelas", cun orzamento base de licitación de 126.172,99 euros, ao abeiro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña. Tamén se aprobou a adxudicación do contrato das obras para a "Rehabilitación de firme, mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa Camiño dos Vilares. Tramo rúa Camiños da Vida- rúa Follas Novas" á empresa FRANCISCO GÓMEZ Y CÍA, S.L. por un importe de 86.321,00 euros. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta destes e outros asuntos nunha rolda de prensa.

Etiquetas:
novas , Licitación , senda peonil , adxudicación , POS

Coñecer as vantaxes da intelixencia artificial e descubrir como vai influir nos traballos do futuro; reflexionar sobre novos modelos económicos e sobre a retención do talento; e reivindicar políticas reais que faciliten a conciliación. Foron os obxectivos do Foro Talentia, que esta mañá xuntou a centos de persoas no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. O encontro é a antesala da Feira do Emprego e do Talento, que se desenvolverá ao longo da próxima semana nun modelo híbrido que combina a feira virtual e un espazo presencial, o luns 13, no Palacio de Congresos.

Etiquetas:
novas , TALENTIA SUMMIT , empoderamento , femenino , persoas con discapacidades , persoas en situación de exclusión

TALLERES FORMACIÓN Online - NOVEMBRO: 
para emprendedor@s e empresas

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking. emprendemento , novembro , talleres formativos

Máis de 3.000 prazas en actividades formativas, 300 ofertas de emprego e preto de 80 empresas participantes. Son os números do Talentia Summit, o evento do talento e o emprego que se desenvolverá do 13 ao 17 de novembro, cun formato híbrido que combinará as vantaxes dos modelos de feira virtual e presencial. As inscricións nas diferentes actividades quedarán abertas esta tarde a través da web talentiasummit.com.

Etiquetas:
novas , TALENTIA SUMMIT , SEPE , Palacio de Congresos , formación

Talleres de innovación aberta e co-creación:
xerando solucións a retos empresariais reais.


Potencia a túa creatividade e traballo en equipo para acadar respostas disruptivas aos desafíos plantexados polas empresas
 

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking , Innovación aberta , cocreación

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou hoxe o programa "Faino Ti", co que o Concello quería achegar o movemento maker, as TIC e a cicencia ao conxunto da veciñanza. O programa, financiado con fondos europeos da EDUSI, chegou a máis de 1.300 persoas, que ben participaron nas actividades formativas da Academia Maker ou ben visitaron o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil que percorreu os barrios de Compostela.

Etiquetas:
novas , Faino ti , cultura maker , Tic , cicencia , EDUSI , fondos europeos