En marcha unha nova convocatoria dos Bonos Corazón, que estarán dispoñibles para a súa descarga a partir do próximo xoves
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta dos prazos e condicións dos Bonos Corazón, unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia. A tenenta de alcaldesa lembrou que esta convocatoria, que conta cun orzamento de 300.000 euros, “súmase á executada no mes de maio, de maneira que o Concello destinou un total de 600.000 euros aos Bonos Corazón neste ano, 150.000 euros máis que en 2024”.