• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" visibiliza en outubro o traballo da Fundación Andrea en colaboración con Mimolett

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou este venres a tenda de roupa Mimolett, que este mes de outubro centra a campaña ’12 comercios, 12 sensibilidades' para darlle visibilidade ao traballo da Fundación Andrea. 
A tenda Mimolet mantén durante este mes un punto informativo sobre a Fundación Andrea, no que tamén se poderán adquirir produtos solidarios en favor da entidade. A proposta complétase con actividades para o público familiar e sorteos.

A Fundación Andrea e Mimolett, protagonistas da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” no mes de outubro

A tenenta de alcaldesa puxo en valor o traballo que desenvolve a Fundación Andrea “apoiando a ducias de familias nos seus momentos máis duros, non só do punto de vista económico, senón mesmo tamén sendo rede de salvación e soporte emocional”. María Rozas reiterou o orgullo do departamento municipal de Comercio “por participar nunha campaña impulsada por mulleres emprendedoras e solidarias, que son o exemplo dos valores engadidos que tén o comercio tradicional para Compostela”.

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" pon en valor o produto fresco e de proximidade

Ao longo de todo o mes, "Cousas do Campo" organizou degustacións de produtos como marmeladas, zumes ou galletas elaboradas con produtos de proximidade, que se poden atopar en "Daquí Darredor". Este é un mercado labrego semanal que se celebra en Brión, e desde o que se impulsan diferentes actividades paralelas que teñen como obxectivo que os consumidores e consumidoras coñezan de primeira man como se producen os alimentos.

Mesa redonda sobre a prostitución no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades"

A mesa redonda "A prostitución, unha realidade invisibilizada" contará coa participación da coordinadora do Programa Vagalume, Lourdes Pazo, e da psicóloga Lorena Nieto. O obxectivo do debate organizado pola tenda Naf Naf Santiago é reflexionar e concienciar sobre a realidade da prostitución, que moitas veces pasa desapercibida na nosa sociedade. A mesa redonda celebraráse a partir das 19.00 horas, e por mor da limitación do aforo será preciso confirmar asistencia no teléfono 696549331.

Campaña solidaria do comercio local de Santiago