• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Foro Niños de Emprego no CERSIA

Segundo puido concluírse, nun contexto cambiante no que as persoas demandantes de emprego teñen cada vez máis capacidade de decisión, a actitude e as habilidades brandas son as principais variables diferenciadoras á
hora de enfrontarse a procesos de selección e mellora.
Á hora de definir as condicións salariais e laborais, a cualificación é esencial, as habilidades son diferenciais, o xénero – desgraciadamente - segue sendo un factor de discriminación e o idadismo, aínda que persiste, sucumbe en moitos

O Concello apoia o emprendemento sostible co programa municipal “Faino en Santiago”

O programa “Faino en Santiago” desenvólvese da man da cooperativa de proxectos para o desenvolvemento sostible Falar a Mare, e estrutúrase en tres liñas de traballo fundamentais. Por unha banda, celebraránse xornadas presenciais no Edificio CERSIA Empresa, “que serán un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender, e que poderán coñecer outras experiencias como punto de partida para os seus propios proxectos”. Estas sesións serán os días 9, 10 e 11 de xullo.

O Concello pon en marcha un novo servizo de atención ao emprendemento e networking local

Ademais, e tamén nas instalacións do CERSIA Empresa, programarase un conxunto de encontros de networking para axudar a definir un novo modelo de emprendemento máis centrado na economía social, o consumo responsable, a sustentabilidade e a innovación. 

Serán dez sesións de noventa minutos dedicadas á economía, as industrias culturais, o turismo e a gastronomía sostible, a educación, o comercio e a industria, a innovación, os modelos circulares, os novos nichos de emprego, ao consumo responsable e a economía colaborativa.

A Concellaría de Promoción Económica e a Cámara de Comercio colaboran no fomento do espírito emprendedor e a mellora da competitividade das empresas

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude explicou que este convenio “dálle continuidade á colaboración que veñen mantendo o Concello e a Cámara de Comercio, dentro do obxectivo común de impulsar o desenvolvemento económico local”. María Rozas apuntou que, para iso, a Cámara de Comercio ofertará ao longo de todo o ano “distintas actividades que pretenden cubrir todo o ciclo de vida do emprendemento, desde o fomento das vocacións empresariais ata a apertura a mercados internacionais, pasando pola análise da viabilidade dos proxectos”.

VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado

VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado

O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, colaboran para impulsar unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela.

Nesta VI edición amosaremos un modelo de desenvolvemento que pon a economía ao servizo do ser humano e non ao revés.

24 / 25 / 26 SETEMBRO (16:30 – 17:30 h)
Formación ONLINE e GRATUÍTA, sobre Economía Feminista e Economía do Coidado.

Hub Olympe Emprende

O Hub Olympe Emprende está aberto a todas aquelas mulleres e equipos liderados por mulleres que queiran emprender ou consolidar o seu propio proxecto con valores da Economía Social e Solidaria en Andalucía, Cataluña ou Galicia e que, preferiblemente, pero non de maneira excluínte, pertenzan ao medio rural. O obxectivo do Hub é proporcionar ás emprendedoras todas as ferramentas e recursos que necesiten para levar a cabo a súa viaxe emprendedora. Así pois, o Hub ofrece diferentes espazos que conforman unha completa contorna de apoio ao emprendemento: