• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución do 26 febreiro 2021 de concesión directa da axuda complementaria á do programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para vítimas de violencia xénero

DOG Nº 42 do 03/03/2021

 

 

Persoas beneficiarias e requisitos.-

. Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que na data de publicación desta resolución no DOG teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como aquelas outras que resulten beneficiarias do citado programa en virtude da convocatoria correspondente á anualidade 2021.

Extracto da R. do 24 febreiro 2021 convocatoria concesión de subvencións ano 2021 para celebración de accións de comunicación e actividades divulgativas ...

BOE Nº 53 do 03/03/2021

Beneficiarios.-

Toda persoa física ou xurídica, non pertencente ao sector público, legalmente
constituída, que acredite que a súa actividade carece de fins de lucro, o cumprimento
das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, que dispoña dos medios e capacidade para realizar as actividades e garantir  o cumprimento dos obxectivos e non se atope comprendido en ningún dos supostos contidos no artigo 13, apartados 2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Convovadas as axudas de Agacal para realización de accións de cooperación nos sectores agroalimentarios,agrícola e forestal

O desenvolvemento pode entenderse tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías existentes en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron anteriormente. Con todo, os proxectos xa realizados en territorios e condicións similares non poderán ser financiados. En ningún caso financiaranse proxectos de investigación básica ou fundamental.

Beneficiarios e requisitos da convocatoria.-

Extracto da resolución da Secetaría de Estado de Comercio do 16 febreiro 2021 pola que se convocan os premios Nacionais de Comercio Interior 2021

 

BOE Nº 52 do 02/02/2021

 

 

Beneficiarios.- Os premios convócanse en tres modalidades: concellos, centros
comerciais abertos e pequeno comercio.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a de a Lei 38/
2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da
convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvecións

Aberto o prazo de inscrición á primeira edición en liña da Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Galicia

 

Coa súa realización,  Clusaga axudará a impulsar a promoción internacional dos produtos alimentarios e as bebidas galegas, poñendo un foco especial no mercado europeo. O seu carácter 100% dixital proporcionará un punto de encontro seguro entre as empresas de Galicia que participen e os compradores internacionais.

Extracto do orde do decembro 2020 establecen bases axudas concesión para accións silvícolas de prevención danos causados aos bosques por incendios ,desastres naturais ...

DOG 39 do 26/02/2021

 Beneficiarios.-

1. Serán beneficiarios as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.