• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberto o prazo de inscrición á primeira edición en liña da Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Galicia

 

Coa súa realización,  Clusaga axudará a impulsar a promoción internacional dos produtos alimentarios e as bebidas galegas, poñendo un foco especial no mercado europeo. O seu carácter 100% dixital proporcionará un punto de encontro seguro entre as empresas de Galicia que participen e os compradores internacionais.

Extracto do orde do decembro 2020 establecen bases axudas concesión para accións silvícolas de prevención danos causados aos bosques por incendios ,desastres naturais ...

DOG 39 do 26/02/2021

 Beneficiarios.-

1. Serán beneficiarios as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.

Bases reguladoras axudas PEL 2021:(Liña 2.1 PEL- Emprende Investimento) ( Liña 2.7 PEL-Autónom@s)(Liña 3.1 PEL-Pemes Creación e ampliación) e ( Liña 3.2 PEL-Pemes Mantemento )

BOP Nº 37 do 25/02/2021

DISPOSICIÓNS XERAIS E NORMAS COMÚNS

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os requisitos específicos para cada unha das liñas así como os indicados a continuación:

Requisitos comúns a todas as liñas:

Extracto da Resolución do 29 febreiro 2021 establecen bases reguladoras concesión de subvencións ás axencias viaxes para mantemento establecementos ano 2021

DOG Nº 37 do 24/02/2021

Entidades beneficiarias.-

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as axencias de viaxes, entendendo por tales as empresas turísticas descritas no artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, tanto na súa categoría de grosistas, retallistas e grosistas-retallistas, que teñan o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Extracto da Orde do 22 febreiro 2021 pola que se establecen bases reguladoras do Programa II Outras actividades pechadas .Programa II

DOG Nº 36 do 23/02/2021

Beneficiarias.-

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria.da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.