• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

E.do acordo do 18/12/2020 aprobar bases concesión subvencións rehabilitación elementos madeira e reixas e mantemento envolvente exterior inmobles cidade histórica Santiago

( BOE Nº 22 do 26/01/2021 )

 

 Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas, xurídicas,
e as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, nos termos do artigo 11
da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, propietarias,
inquilinas ou aquelas que ostenten algún dereito de uso sobre os inmobles.
Tamén poderán ser beneficiarias as comunidades de bens e as comunidades
de propietarios en edificios con réxime de propiedade horizontal.

Extracto da Orde do 30/12/2020 establecen bases reguladoras dos premios de cooperación , convocatoria ano 2021

 

     

   ( DOG Nº 20 do 01/02/2021

 

Entidades beneficiarias

Poden participar nos premios á cooperación as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Outorgaranse premios nas seguintes categorías:

– Premio aos valores cooperativos, á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.

Extracto da R. do 04/01/2021 se establecen bases reguladoras concesión axudas económicas réxime concorrencia non competitiva dirixidas a empresas que realizen publicacións periódicas escritas enteramente en galego

        

                     (DOG Nº 19 do 29/01/2021 )

 

      Entidades beneficiarias:

1. As entidades beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas inscritas no Rexistro Mercantil que realizasen publicacións periódicas escritas integramente en galego durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

2. Quedan excluídos da concesión de axudas:

a) Os boletíns de información interior ou de institucións.

Extracto da Orde do 31/12/2020 establecen bases reguladoras das axudas creación de superficies forestais cofinanciadas polo Feader para ano 2021

            

                      

                       ( DOG Nº 18 do 28/01/2021 )

  Beneficiarias:

1. Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

Extracto da R. do 23/12/2020 aproban bases reguladoras das axudas internacionalización dixital das empresas galegas , cofinanciadas polo Feder , réxime concorrencia non competitiva

    

           ( DOG Nº 16 do 26/01/2021 )

 

 

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Extracto da R. do 23/12/2020 aproban bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes , concorrencia competitiva

          ( DOG Nº 16 do 26/01/2021 )

Poderán ser beneficiarias as agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas (clústeres emerxentes) que cumpran as seguintes condicións:

a) Que creasen unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster, cunha antigüidade inferior a dous anos respecto da data de solicitude da axuda, e domicilio social en Galicia.