• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución do 15 xaneiro 2021 pola que se convoca para ano 2021 a concesión de subvencións do programa de iniciación e consolidación da exportación ICEX Next

Beneficiarios:

a) Ser pequena e mediana empresa segundo definición do Anexo 1 do
Regulamento UE nº 651/2014. Exclúense Asociacións e Fundacións

 b) Ter produto ou servizo propio que poida ser  comercializable
internacionalmente e contar con marca propia. En caso de empresas de servizos,
estes deberán prestarse no exterior.

 c) Non ser filial comercial ou produtiva de empresa estranxeira.

Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de Festivais audiovisuais,musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña ano 2021

Para os efectos deste programa, entenderanse por festivais aqueles eventos culturais con identificación e marca propia e recoñecible, programación diversa que aglutine diferentes propostas artísticas, organizado periodicamente, con data de celebración consolidada e orientada á consecución de públicos amplos ao redor dunha proposta de contidos coherente e definida. Esta liña de subvencións diríxese a apoiar economicamente este tipo de eventos, e non as programacións culturais municipais ou aquelas actividades culturais que se dan no marco de eventos gastronómicos, turísticos ou festivos.

R. do 28 decembro 2021,pola que se convoca o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e fotovoltaica,

Requisitos, condicións de solvencia e eficacia das entidades colaboradoras:

1. Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

2. Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Extracto da R. do 29 decembro 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia convocatoria se subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servicios para ano 2021

 Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo ubicados en Galicia.

Marketing en Buscdores. SEM

DATA: Do 01/02/2021 ao 01/03/2021

CONTIDOS:


• Que entendemos por SEM. Principais plataformas para facer SEM
• Formatos de campaña SEM
• Claves para ter éxito nunha campaña de anuncios de Google
• Como crear unha campaña en Google Ads
• Como calcular o éxito dunha campaña SEM