• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago é Grande

No 2008 Turismo de Santiago lanzou unha nova liña para a comunicación integral da imaxe turística de Santiago de Compostela. O resultado foi o eixo de comunicación ‘Santiago é Grande’, vertebrado en torno ás múltiples caras da cidade. En termos xerais preténdese transmitir a idea de que a capital de Galicia, con arredor de 100 mil habitantes e só 220 quilómetros cadrados, é grande así e todo porque nela converxen valores universais dos que gozan acotío visitantes e cidadáns.

Promoción

O esforzo promocional de Turismo de Santiago ten o obxectivo fundamental de aumentar a ‘visibilidade’ de Santiago de Compostela nos principais mercados turísticos. O intenso calendario de presentacións, feiras, xornadas e viaxes de familiarización, que abarca todo o ano e os cinco continentes do planeta, vese recompensado cunha realidade: a cidade pasou neste século de ser un destino periférico a converterse nun destino de primeira orde tanto para os principais emisores internacionais como para o turismo español.

Plan de Calidade en Destino

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) é unha iniciativa avalada pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que pretende elevar a calidade de todos os servizos turísticos das cidades a través da implantación dunha filosofía de traballo baseada na mellora continua.

Plan de Marketing Estratéxico do Turismo

Co Plan de Marketing Estratéxico do Turismo de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago pretende dar un novo enfoque ao desenvolvemento turístico da cidade, para que se realice de forma sustentable e eficiente, definindo obxectivos, dando coherencia ás actuacións e funcionando, en fin, como unha plataforma de participación e consenso entre todos os axentes turísticos implicados: Concello de Santiago, Xunta de Galicia, organizacións e asociacións empresariais e sindicais, institucións culturais, relixiosas e universitarias, etc.

Proxecto Persoa II

O proxecto Persoa II naceu có obxectivo de favorecer a integración laboral das persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos filóns de emprego. O proceso contemplou formación, práctica laboral e acompañamento.

Proxecto Persoa III

O 27 de de decembro do 2007 rematou o Proxecto Persoa III, que comezara o 14 de decembro do 2005 e que acadou un 98% de insercións laborais. 103 persoas (97 mulleres e 6 homes) das 105 (99 mulleres e 6 homes) que participaron en algunha das sete especialidades desenvolvidas no Proxecto Persoa III accederon ao mercado de traballo a través de contratos de diferente duración.