Santiago de Compostela é un dos 128 municipios seleccionados polo ministerio de Transportes para impulsar a Axenda Urbana 2030, unha iniciativa que contén 17 obxectivos de aplicación universal que, desde o 1 de xaneiro de 2016, rexen os esforzos dos países que conforman o sistema das Nacións Unidas, para lograr un mundo sustentable no ano 2030. Dentro deles, Santiago puxo en marcha a creación da Axenda Urbana dentro do ODS, obxectivo de desenvolvemento sustentable, 11, Cidades e Comunidades Sustentables, co fin de alcanzar unha urbe inclusiva, segura e resiliente.