• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS XEMPRE EMPRENDEMENTO

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, manter os empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.

 

 

O Teatro Principal acolle a IV Feira de Emprendedoras que se poderá visitar ao longo do día de hoxe

A feira expositiva que se desenvolverá ao longo do día de hoxe no Teatro Principal, está aberta ao público xeral e a entrada é de balde. Entre as 12:00 e as 18:30 celebraranse varias mesas de debate arredor das seguintes temáticas: "A transmisión da cultura. Loita e perseveranza", "Abrirse camiño nas artes plásticas. Como protexer a propiedade intelectual", "Perspectiva de xénero sobre o escenario. Como crear marca", e "Emprendemento no sector musical".

Máis de 800 familias súmanse ao voluntariado marrón na segunda semana da campaña ‘Ti tes a chave’

A iniciativa Ti tes a chave -que se engloba en Santiago Sostible, marca paraugas para todas as actividades e proxectos relacionados coa limpeza viaria e de recollida de lixo no municipio compostelán- está a instalar carpas itinerantes polas rúas destes dous barrios composteláns para informar sobre o colector marrón e entregarlle á veciñanza interesada o kit de benvida.

Inaugúrase o terceiro piloto CromaLux, un proxecto innovador enmarcado en Smartiago que permite reducir nun terzo a colonización biolóxica nas áreas iluminadas

Na presentación participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro Sindo Guinarte, responsable do proxecto Smartiago; Sebastián Pantoja, director de Programas Estratéxicos de Televés; e Patricia Sanmartín, directora de investigación da USC; quen explicou que a colonización biolóxica nas áreas iluminadas con CromaLux foi inhibida de forma significativa, reducíndoa até un terzo ou menos do que viña sendo habital.

CONTRATACIÓN PÚBLICA ESTRATÉXICA E ANÁLISE DA EFICIENCIA DOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO DE GALICIA

CLÁUSULAS SOCIAS: A CONTRATACIÓN PÚBLICA É TAMÉN POLÍTICA PÚBLICA
Cando falamos de cláusulas sociais, facemos referencia á inclusión de aspectos de política social nos procesos de contratación pública. Estes aspectos de política social
poden incluír a promoción directa de emprego para persoas con discapacidade e os contratos reservados a centros especiais de emprego.
As cláusulas sociais son perfectamente compatibles cos principios de libre concorrencia e publicidade, que deben guiar toda licitación por parte da Administración. Do

UNINOVA colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC

AKADEMIA é un programa innovador con expertos de referencia internacional que axuda aos estudantes a coller as rendas do seu futuro e a levar as súas carreiras ao seguinte nivel. Está enfocado a perfís non conformistas, que estean pensando xa en cal será o seu seguinte paso ao rematar o grao, que futuro queren construír, e capaces de iren contracorrente, en suma, estudantes que non se conformen, que sexan proactivos á hora de decidir que queren facer co seu futuro, que se atrevan a desafiar o camiño establecido e busquen o seu propio.

UNINOVA colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC

Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, está a colaborar, un ano máis, coa Fundación Innovación Bankinter no Programa de Innovación AKADEMIA para alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, un programa de innovación en liña e gratuíto.

Este Programa, creado no ano 2008 pola Fundación Innovación Bankinter para influír na educación dos mozos e dotalos de coñecementos que esperten actitudes e os motiven a asumir o reto que supón enfrontarse a un contorno en constante cambio, vense organizando para alumnos da USC desde o ano 2009.

A Xunta de Goberno licita o "Espazo interxeneracional no Sar" e acorda iniciar o procedemento de avaliación ambiental da parcela que acollerá o Centro de distribución de mercadorías

Xunto á solicitude, segundo acordou o executivo muncipal, achegarase do Documento ambiental estratéxico (DAE) e o Borrador do plan. Son máis de 70.000 metros cadrados de espazo, situado no Polígono do Trambre, dos que en principio está previsto utilizar uns 35.000 metros cadrados, suficiente, segundo Sánchez Bugallo, "para a actuación que se propón". Esta parcela está cualificada como sólo dotación, e de equipamento comercial e loxístico, segundo explicou o rexedor.

O Centro sociocultural do Ensanche acollerá a Feira de Economía Circular e Boas Prácticas esta fin de semana

O proxecto #EuCompost_ela nace co obxectivo de impulsar a economía circular no concello compostelán, creando espazos desde os que dar a coñecer este modelo e fomentar hábitos de consumo responsable favorables para o medio ambiente. Desde o ano pasado, o Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) suman forzas e saberes para que esta iniciativa chegue a toda á cidadanía e a todos os rangos de idade.

A Oficina de Promoción Económica do Concello lanza "Compostela Móvese 2022", un ciclo de actividades formativas centrado na mellora empresarial da contorna e dirixido a empresas e profesionais

Para isto, a Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades formativas, coa finalidade de asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do Concello.

O programa combina formacións presenciais con teleformacións, acceso a recursos formativos adicionais para cada ciclo dentro dunha plataforma formativa, sesións de titorización individual, boletíns de alertas sobre oportunidades e tendencias no mercado e participación en foros temáticos.