• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Obradoiros de emprego

O obxectivo dos Obradoiros de Emprego é mellorar as posibilidades de inserción e reinserción no mercado de traballo de persoas desempregadas de longa duración, a través da súa participación en accións mixtas de emprego-formación. Todos os obradoiros desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica seguen a liña do resto de actividades realizadas: adecuación da formación á demanda laboral de Compostela, formación teórica e práctica laboral, e utilidade social dos traballos feitos.

Obradoiro Compostela Natural

Programas de formación

No ano 2008, a Concellaría de Promoción Económica e Emprego organizou 35 accións formativas do Plan de Formación Continua e do Plan FIP destinadas a 525 persoas, que suman 4.228 horas lectivas. Sete cursos, con 3.490 horas lectivas, pertencen ao plan FIP. Os outros 28 son da Rede de Cooperación Local e de Compostela Activa, e suman 738 horas de formación.

No 2007 programáronse trece accións formativas do Plan de Formación Continua, do Plan FIP destinadas a 195 persoas, a través das que se impartiron 3.570 horas lectivas.

Produto enogastronómico

Especial interese ven cobrando nos dous últimos dos anos a promoción do turismo enogastronómico. Neste senso, Turismo de Santiago estreou en febreiro do 2008 o Fórum Gastronómico "As cociñas do Atlántico", unha cita bianual que converteu á cidade en capital da cociña atlántica e no mellor escaparate da despensa galega

Transporte turístico

Outra iniciativa de Turismo de Santiago é o transporte turístico, que percorre o contorno da cidade histórica e ofrece novas perspectivas aos turistas, tanto en bus como en tren. Para potenciar o carácter de capital e centro xeográfico da cidade, Turismo de Santiago creou e mantén operativo Compostela Visión, un servizo de excursións regulares por toda Galicia, que pon paisaxes naturais, bosques, praias, faros, rías, portos, lonxas, adegas, castelos, pazos, igrexas, mosteiros e magníficas urbes ao alcance da man.

Compostela para investir

Santiago de Compostela é unha cidade moderna e competitiva, con interesantes potencialidades en materia económica. A Concellaría de Promoción Económica e Emprego traballa para difundir eses atractivos e atraer así capital foráneo. Faino a través do programa Compostela para investir, que ten un dobre obxectivo: promocionar as empresas de Compostela no exterior e atraer a novos investidores ao noso Concello.

Compostela Activa 2009

Desde que xurdiu, e partindo dun mesmo concepto e estrutura foise renovando cada ano para adaptalo as variables económicas e á realidade empresarial e social de cada momento.

A estructura de Compostela Activa, por etapas; as diferentes liñas de axudas coas que conta; e o distinto perfil das persoas usuarias, fan imposible cuantificar, de xeito global, as empresas que xurdiron a través deste programa.

NANOeaters Day

O proxecto NANOeaters, enmarcado no Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), busca mellorar a participación do tecido empresarial galego e portugués no desenvolvemento de novos produtos e/ou servizos aptos para a explotación comercial, baseados nas capacidades desenvolvidas polos centros de investigación que permitan o desenvolvemento de nanotecnoloxías.

Gala Solidaria EmprendeArte

Potenciar a actividade de emprendedores mozos ao mesmo tempo que se contribúe a unha causa solidaria.  No Hotel Monumento San Francisco este domingo día da nai, 5 de xuño, haberá actuacións musicais, desfiles de moda, monólogos, postos de exposicións de productos de artesanía...

CONECOM: Conferencia de ecommerce en Galicia

A artesanía, a agricultura, a industria e mesmo a cultura teñen gran potencial de comercialización, pero en moitos casos hai un descoñecemento das posibilidades que lles ofrece o comercio electrónico. Por iso, CONECOM ten por finalidade formar e dar as ferramentas de traballo ás Pemes e as novas iniciativas empresariais no comercio electrónico para así crear un sector competitivo e fortalecer o tecido empresarial galego.

CURSO WEBMARKETING: EMPRENDER NA REDE

Internet é un mundo potencialmente infinito, un espazo sen límites que creou novas regras no mercado e na vida de todos. A potencia e a influencia que este medio ten pódese medir simplemente notando como en menos de dez anos a  metade das horas da vida da maioria da xente no mundo occidental convertéronse en horas “conectadas”. Traballo, estudos, documentos, información, aficiones, ocio, política, interacción social...todo móvese a través de ordenadores e outros aparellos conectados á rede.