Cursos outubro 2010: Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito
O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas. Ademais da formación, proporcionará atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha tutoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao final do curso.