• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O negocio dos sensores de humidade de chan

O uso de sensores de humidade de chan en terras agrícolas mellorou a produtividade dos campos e reduciu o consumo de auga. Os sensores de humidade de chan axudan a evitar problemas de rega excesiva. No  ambito da cidade axuda a manter o céspede verde e tamén aos construtores para ter unha idea do contido de auga do chan, o que axuda a sentar as bases para a construción.

Encontro aberto co sector cultural de Compostela

Interveñen:
Joxean Muñoz Otaegi, viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco
Berta Álvarez, coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia.

Joxean Muñoz presentará as propostas e accións emanadas da estratexia ICC Euskadi 2017-2020. O obxectivo do encontro é analizar posibles vías de aplicación destas achegas ao caso galego coa fin de contribuír ao desenvolvemento e internacionalización das ICC’s no noso país.

Como participar?

O Concello de Santiago deseña un plan de formación multidisciplinar para os postos da Praza de Abastos

O 11 de novembro, en colaboración co programa Compostela Ilustrada, celebrarase a Xornada "A Praza, corazón de Santiago", na que se amosarán as posibilidades que ofrece a ilustración para a promoción dun negocio. Explicaranse as técnicas para debuxar figuras humanas e para engadir detalles de adorno, como dobres páxinas con produtos, e como seleccionar un titular para acompañar a escena. Con estas técnicas, mirarase o Mercado dende o prisma da ilustración e elixirase un plano para debuxar. As inscricións poden facerse en info@compostelailustrada.com.

ALCALDIA O Goberno autoriza a construción do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela

O Consello de Ministros, na súa reunión de hoxe, autorizou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a licitar, a través de Adif Alta Velocidade, o contrato de obras de execución do proxecto construtivo do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela, por un valor estimado de 27.758.103,41 euros (IVE non incluído). Una nova que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu con satisfacción.

Etiquetas

O alcalde destaca na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire que as crises supoñen "un espazo de oportunidade que debemos aproveitar"

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire, adicadas ás temáticas da dixitalización, a biotecnoloxía e os videoxogos. O rexedor destacou que as crises "supoñen un espazo de oportunidade que debemos aproveitar". Agradeceu o papel de "todas as persoas que fan posibles estas xornadas" a animou a todos os participantes sinalando que "o futuro está aquí, e é noso".

ALCALDÍA Cinco empresas optan a ser adxudicatarias do contrato de recollida do lixo e limpieza viaria

 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou en rolda de prensa que se presentaron cinco empresas ao concurso para a adxudicación do contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, "o segundo maior" do Concello que espera que "estea adxudicado en outubro".

Etiquetas