• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Alcade con máscara

 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou en rolda de prensa que se presentaron cinco empresas ao concurso para a adxudicación do contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, "o segundo maior" do Concello que espera que "estea adxudicado en outubro".

Sánchez Bugallo indicou que agora está a traballar a mesa de contratación de cara a seleccionar a oferta e poder seguir o calendario previsto: que o contrato se poida adxudicar en outubro para que estea en vigor no primeiro trimestre do ano que vén.

Catro das empresas (Ascan Servicios Urbanos SL; Urbaser, SA; UTE Geseco-Copasa-Espina; e Valoriza Servicios Medioambientales, SA) presentáronse ao lote I, o xeral; e unha (Cogami), ao lote II, reservado para centros especiais de emprego.

O rexedor tamén amosou a súa satisfacción pola licitación da construción da estación de tren, anunciada esta semana por Adif, cuxo prazo para a presentación de ofertas estará aberto ata o día 5 de xullo. En relación con este ámbito, o alcalde anunciou que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias lle comunicou a intención de restaurar o vagón situado na entrada da estación. "É o que merecen os composteláns, a estación do AVE e a intermodal", indicou.