• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Intelixencia artificial nos eventos e actividades culturais

A intelixencia artificial contida nos asistentes conversacionais, que poden deseñarse dende a nube sen coñecementos específicos de programación, constitúen un dos principais desenvolvementos no que os robots (neste caso, sen forma humanoide, só coa súa voz) intégranse no normal desenvolvemento dunha actividade. Neste mesmo senso, existen grandes posibilidades para a aplicación noutros casos, a disposición das capacidades creativas das persoas.

Etiquetas

Pedidos por voz, a nova revolución do comercio electrónico xa en marcha

O estudo conclúe que a maior parte dos usuarios de tecnoloxía xa utilizan estes asistentes para comunicarse cos seus dispositivos, algo que no caso dos teléfonos móbiles chega ao 81%. Ademais, unha gran parte das persoas que se comunican a través do fala cos seus equipos xa empezou a utilizar esta tecnoloxía para buscar e comparar posibles compras. En concreto, un 35% destes usuarios utilizan a voz para facer pedidos de produtos físicos, un 34% úsano para pedir comida a domicilio, un 28% para facer transferencias ou pagos e outro 28% para pedir servizos de transporte de pasaxeiros.

O Concello ultima un paquete de medidas económicas para axudar ás empresas de Compostela a saír da crise provocada polo COVID-19

Son medidas deseñadas para un contexto de crise que na nosa cidade afecta a todos os sectores: comercio, hostalería, sector cultural, industria, etc. Sectores que precisan de axudas concretas e de impulso para, unha vez remate o período de confinamento, se incorporen ao mercado económico con garantías de éxito.

O Eixo Atlántico recolle nun informe as necesidades para a modernización ferroviaria de Galicia e cifra o custo en tres mil millóns de euros en dez anos

O texto, elaborado por Miguel Rodríguez Bugarín, recolle once actuacións que a entidade considera fundamentais e cuxo custo acadaría os tres mil millóns de euros en 10 anos. O 50% podería correr a cargo de fondos europeos, polo que restarían 1500 millóns que, repartidos no período indicado, suporía un investimento de 150 millóns por ano, "cifra asumible", segundo indicou a vicepresidenta do Eixo, Lara Méndez.