REDEL celebra su Asamblea General en Santa Cruz de Tenerife La Sociedad de Desarrollo de Santa Cruz de Tenerife anfitriona del encuentro
REDEL – Red de Entidades para el Desarrollo Local
REDEL – Red de Entidades para el Desarrollo Local
O obxectivo principal desta xornada é resaltar a relevancia e o potencial dos oficios tradicionais, demostrando como se poden adaptar e modernizar sen perder a súa esencia. A Xornada de Oficios incluirá charlas de expertos e referentes do sector, mesas redondas e espazos interactivos, onde se explorarán temas como a innovación, a experimentación con novos materiais e a importancia das redes para revitalizar estes sectores.
Charlas destacadas
Por que é importante? Nun contexto no que cada vez máis persoas consumidoras optan por alternativas vexetais, a xornada "Plant Based: Perspectivas e Regulación" abordará a necesidade de normativas claras que garantan a transparencia na etiquetaxe e na distribución destes produtos, co obxectivo de protexer os dereitos das persoas consumidoras e asegurar información adecuada.
Este evento é unha excelente oportunidade para coñecer máis sobre o crecemento do sector vexetal e as súas implicacións normativas.
As actividades programadas promoverán a dinamización social e económica, creando un punto de encontro para profesionais, emprendedores/as e cidadanía interesada na tecnoloxía e a innovación. Isto fomentará a creación de redes de colaboración e potenciará o ecosistema innovador local.
O programa de emprego "Genius", que conta cun orzamento de case 440.000 euros, enmárcase na iniciativa de emprego xuvenil e o programa operativo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027, e está cofinanciado ao 60%. O proxecto desenvolveráse ao longo de 12 meses, e os mozos e mozas participantes combinarán a súa formación cun contrato para realizar un traballo real, centrado no desenvolvemento de aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre a ciencia e o talento.
Promover a ciencia, a investigación e o talento
O concelleiro de Centros Socioculturais explicou que o "Mercado da luz" toma o seu nome da denominación pola que os traballadores do edificio de Galeras coñecían o inmoble: "Casa da luz"; e xoga coa idea de "sacar á luz obxectos, prendas, mobles ou xoguetes, que todos e todas nós temos esquecidos nas nosas casas e aos que tal vez alguén lles queira dar unha nova vida".
A capital de Galicia prepárase para abraiar á elite científica en Intelixencia Artificial: entre os días 19 e 24 de outubro, a celebración na cidade da European Conference on Artificial Intelligence (ECAI 2024) -o congreso máis importante de Europa no ámbito, e un dos tres de referencia en todo o planeta-, converterá Santiago de Compostela en capital mundial da IA.
María Rozas explicou que a Concellaría de Xuventude aposta por unha programación estable que lle dea certa continuidade ao proxecto europeo que botou a andar en 2022, co obxectivo de formar ao persoal que traballa coa mocidade para ofertarlle actividades formativas máis innovadoras, accesibles e atractivas na área da economía circular. De aí os obradoiros formativos do ciclo "Re-parándonos", que comezarán o día 16 de outubro.
Sanmartín felicitouse de que o presidente de Mercasa ratificara o compromiso con Santiago na reunión deste martes, que continúa na liña de xerar dinámicas de impulso, colaboración e potenciación de Mercagalicia para Compostela. Hai que lembrar que Mercasa e o Concello de Santiago son entidades socias en Mercagalicia e comparten un proxecto, "o xerme ao que se engadirá a plataforma loxística e que quere constituír no futuro nodo loxístico", en palabras da rexidora.