• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde reafirma a aposta do Concello de Santiago coa economía social e os centros especiais de emprego

Nun acto de recoñecemento á labor de visibilización e inserción social que están a facer os centros especiais de emprego, o alcalde puxo en valor o traballo que se está a facer desde Raxoi en favor da inclusión reservando diferentes actuacións a este tipo de empresas pois, ademais de "dar visibilidade á capacidade das persoas que teñen algún tipo de discapacidade", son empresas que deron boa conta da súa fortaleza durante a crisis de 2008 e a raíz da pandemia cunha maior "capacidade de supervivencia á doutro tipo de empresas".

Aprobada a solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes por máis de 3,3 millóns de euros para a rehabilitación de 250 vivendas da cidade histórica

A proposta de solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, destinada fundamentalmente a melloras de eficiencia enerxética, contempla a rehabilitación de 250 vivendas. No ano 2023, serían un total de 50 vivendas. En 2024, o ámbito de actuación ampliariase aata as 100 vivendas, as mesmas que en 2025.

Santiago acolle un encontro para a abordar a consecución dos retos das Axendas Urbanas e 2030 a través da economía social

Santiago acollerá os días 19 e 20 de outubro o Encontro REDEL, unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela co respaldo da Red de Entidades para el Desarrollo Local (Redel), a Red de Ciudades Ciencia e Innovación (Innpulso), a Red de Territorios Socialmente Responsables (Retos) e Cidades por el Empleo; que se celebrará na Sede Fundación Laboral de la Construcción en Galicia. Este encontro desenvolverase baixo o título ‘As oportunidades da Economía Social para as cidade no logro dos retos das Axendas Urbanas e a Axenda 2030’.

Compostela acollerá o Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa

Desde a Cámara de Comercio de Santiago, de maneira conxunta con UNINOVA (Concello de Santiago e USC) preparouse durante o mes de setembro unha candidatura para acoller en marzo de 2023, previsiblemente entre o 7 e o 9, un encontro internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa.

O Teatro Principal acolle a IV Feira de Emprendedoras que se poderá visitar ao longo do día de hoxe

A feira expositiva que se desenvolverá ao longo do día de hoxe no Teatro Principal, está aberta ao público xeral e a entrada é de balde. Entre as 12:00 e as 18:30 celebraranse varias mesas de debate arredor das seguintes temáticas: "A transmisión da cultura. Loita e perseveranza", "Abrirse camiño nas artes plásticas. Como protexer a propiedade intelectual", "Perspectiva de xénero sobre o escenario. Como crear marca", e "Emprendemento no sector musical".

Máis de 800 familias súmanse ao voluntariado marrón na segunda semana da campaña ‘Ti tes a chave’

A iniciativa Ti tes a chave -que se engloba en Santiago Sostible, marca paraugas para todas as actividades e proxectos relacionados coa limpeza viaria e de recollida de lixo no municipio compostelán- está a instalar carpas itinerantes polas rúas destes dous barrios composteláns para informar sobre o colector marrón e entregarlle á veciñanza interesada o kit de benvida.

Inaugúrase o terceiro piloto CromaLux, un proxecto innovador enmarcado en Smartiago que permite reducir nun terzo a colonización biolóxica nas áreas iluminadas

Na presentación participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro Sindo Guinarte, responsable do proxecto Smartiago; Sebastián Pantoja, director de Programas Estratéxicos de Televés; e Patricia Sanmartín, directora de investigación da USC; quen explicou que a colonización biolóxica nas áreas iluminadas con CromaLux foi inhibida de forma significativa, reducíndoa até un terzo ou menos do que viña sendo habital.

UNINOVA colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC

Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, está a colaborar, un ano máis, coa Fundación Innovación Bankinter no Programa de Innovación AKADEMIA para alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, un programa de innovación en liña e gratuíto.

Este Programa, creado no ano 2008 pola Fundación Innovación Bankinter para influír na educación dos mozos e dotalos de coñecementos que esperten actitudes e os motiven a asumir o reto que supón enfrontarse a un contorno en constante cambio, vense organizando para alumnos da USC desde o ano 2009.