• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde acompaña ao alumnado do San Clemente na súa visita a empresas inspiradoras de Compostela

Data de escritura

Este programa forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago que pretende dar visibilidade ás empresas do territorio. A visita permitiu ao estudantado dos ciclos superiores achegarse á actividade da empresa Mestrelab Research, que desenvolveu un software especializado en investigación química.

O Alcalde durante a visita
Imaxe da empresa Mestrelab Research

Esta visita forma parte do Campus Emprendementos Inspiradores, proxecto formativo e vivencial financiado polo Concello de Santiago e que contempla sesións teóricas en aula e visitas didácticas a empresas relacionadas cos ciclos formativos que se imparten no IES San Clemente para aprender das boas prácticas na xestión da empresa e dos recursos humanos, no marco do Programa municipal Compostela Móvese 2022.

Os obxectivos deste campus é ofrecer ao alumnado a posibilidade de coñecer e aprender de casos reais de empresas innovadoras referencia en Santiago de Compostela na súa aporta polo benestar dos recursos humanos.

O Campus, que contempla sesións teóricas en aula para estimular o espírito emprendedor e analizar a viabilidade de ideas de negocio, están dirixidas ao alumnado de 2º curso dos ciclos superiores que se imparten no IES San Clemente:

• Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)
• Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM)
• Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW)

Esta formación teórica compleméntase cunha formación práctica a través de visitas didácticas a empresas de referencia no sector informático/tecnolóxico da cidade.

Ademais, as empresas a visitar foron seleccionadas no proxecto "Concilia" do concello de Santiago en 2021, dando así continuidade e coherencia ao traballo de difusión de boas prácticas empresariais en materia de RSE. Visitáronse as seguintes empresas:

• Mestrelab Research: Mestrelab Research é unha empresa que conta cun software especializado para investigación química, que cuantifica a pureza e concentración dos compostos químicos, permitindo así ás empresas farmacéuticas, químicas ou biotecnolóxicas, desenvolver medicinas e produtos máis efectivos, fiables e seguros.

• Dinahosting: Dinahosting é unha empresa especializada en hostings e dominios, con máis de 20 anos de traxectoria ofrecendo solucións para todo tipo de proxectos web, dende páxinas sinxelas ata infraestruturas máis esixentes.
O valor engadido está relacionado con discos NVMe, hardware de última xeración, CPD de alto rendemento, máxima conectividade e seguridade.

• Inforhouse: Inforhouse é unha empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector TI, e que ofrece unha carteira de solucións flexibles, personalizables e nun marco de xestión baixo estándares de calidade e metodoloxías específicas. Ademais das áreas funcionais de comercial, marketing e administración, Inforhouse conta cun departamento técnico de software e SAT/Sistemas que lles permite realizar servizos de soporte e mantemento de aplicativos e infraestruturas en Galicia, Asturias e outras zoas do territorio nacional.

Esta iniciativa que se realiza con carácter piloto grazas á colaboración do IES San Clemente, será trala súa avaliación extendida a outros centros formativos da cidade en vindeiras edicións, sempre pensando nun deseño á medida das especializacións formativas dos centros para facilitar o coñecemento práctico a través de empresas do Concello de Santiago dos contidos teóricos estudados polo alumnado do centro.

Compostela Móvese 2022
Esta actividade forma parte das accións codeseñadas no ámbito do Consello Económico Social de Santiago de Compostela co obxectivo de dar a coñecer o bo facer das empresas do territorio, para que poida servir de espello onde outras se poidan sentir reflexadas e iso sirva como motor de mellora da súa competitividade ou como vehículo para o fomento do emprendemento e impulso a actividade empresarial. Esta iniciativa que conta con un orzamento de 16.567,32€ forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022. O principal obxectivo do programa é apoiar un modelo de desenvolvemento económico local endóxeno cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio Para isto, búscase asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do concello.