• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Entregados os II Premios á Excelencia Empresarial

No acto, a alcaldesa salientou que as empresas premiadas demostran que "acadar a excelencia empresarial non é doado, mais tampouco é nin unha idealización nin unha utopía; que compatibilizar a rendibilidade económica, ambiental e social é posible".

Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial

A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago vén de publicar a segunda convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social e dos premios á excelencia empresarial. Ambas convocatorias introducen modificacións con respecto ás edicións anteriores, co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión, favorecer a novos sectores de actividade, ou priorizar as dimensións estratéxicas e obxectivos da Axenda Urbana 2030.

Resolución de Concesión dos premios da I Edición Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 27 de decembro de 2022 adoptou o seguinte
acordo:
Resolución de Concesión dos premios da I Edición Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela

Entréganse os premios á excelencia empresarial

Os Premios á Excelencia Empresarial nacen co fin de premiar ás empresas que se distingan polas súas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais e boas prácticas de economía social. Búscase recoñecer e valorar de maneira axeitada ás empresas que demostran un gran compromiso coa calidade total identificando e difundindo boas prácticas que poidan ser adoptadas nun futuro por outras empresas do tecido económico de Santiago.