Marketing en internet
- O Concepto Marketing
- O marketing tras a chegada de Internet
- Diferencias de ideas e conceptos entre o marketing online e o marketing tradicional
- Estratexias on-line para captac
Dende a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidad e Saúde do Concello de Santiago, no ámbito das súas competencias consideramos que a recuperación económica só é posible se somos capaces de desenvolver un novo modelo que non se preocupe tanto das grandes cifras económicas, senón da situación das persoas e do aproveitamento das súas capacidades para crear proxectos nun marco laboral de calidade.
Dende o goberno municipal consideramos que a recuperación económica só é posible se somos capaces de desenvolver un novo modelo que non se preocupe tanto das grandes cifras económicas, senón da situación das persoas e do aproveitamento das súas capacidades para crear proxectos nun marco laboral de calidade. Este modelo baséase nunha concepción social e colaborativa da economía que sitúa ás persoas no centro do proceso e permite xerar valor social e desenvolvemento económico.
A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidad e Saúde do Concello de Santiago, no ámbito das súas competencias, ten entre os seus obxectivos realizar unha labora de fomento e apoio deste tipo de entidades. Non obstante, calquera actuación precisa primeiramente dun coñecmeento profundo do mesmo, polo que esta diagnose resposde á necesidade de coñecemento da economía social que se desenvolve no concello, para a súa posterior dinamización.
Este programa de actividades está dirixidos ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.
O Plan de Formación Continua, deseñouse en colaboración coa Asociación Área empresarial do Tambre cofinanciado pola Deputación de Coruña.
Os cursos ofertados para este ano 2013 son: Primeiros Auxilios; Renovación de Lexionela; Programación de actividades lúdicas, Xestión de equipos de traballo; Condutor/a de carretas elevadoras e Finanzas para non financeiros: Negociación bancaria.
Un ano máis, búscase premiar ao comercio de Compostela pola súa participación no sostemento económico da nosa cidade e o seu papel protagonista no eido do social e cultural. Compromiso, amabilidade, asesoramento, proximidade, innovación… son algunhas das moitas razóns que fan que poidamos afirmar que TEMOS UN COMERCIO DE CINE.
“Santiago Investors Support” ten tres obxectivos: impulso e mellora da competitividade empresarial e comercial; proxección exterior e captación de investimentos; posta en valor e dinamización da actividade económica. Os públicos aos que se dirixe o programa son: persoas emprendedoras e inversores interesados en desenvolver proxectos empresariais no Concello; empresas e comercios xa asentados en Santiago; persoal das empresas e comercios da cidade.
Un total de 50 comercios participantes abrirán as súas portas ata as once da noite para ampliar o horario comercial habitual e facilitar as compras no pequeno comercio da cidade nun día no que haberá un ambiente festivo pola Ascensión. Os comercios participantes identificaranse co cartel promocional do programa.