• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS REGA

O obxecto da presente convocatoria é ofrecer catro axudas, para o desenvolvemento de proxectos artísticos con acompañamento de mentor a través de residencias. Para iso se realizará unha selección dun máximo de catro proxectos vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño, valorando positivamente o enlace con outras disciplinas non recollidas nestas bases e tendo en conta o carácter híbrido da cultura actual, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS

Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.

A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector.

BONO CONSOLIDA ECONOMIA SOCIAL

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

PROGRAMA DE INCENTIVOS AS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLOXICA (IEBTs)

Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

 

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas, dentro do primeiro ano de actividade:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ás entidades promotoras de programas de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto no caso de novas contratacións como no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade (código de procedemento

SUBVENCIONS PARA O PROGRAMA DE MODERNIZACION DO COMERCIO

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

 

Establécense dúas liñas de axudas:

– Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

– Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.

#EuCompost_ela organiza un Laboratorio de Economía Circular para a cativada

Dentro do Laboratorio, os participantes atoparán 7 estacións e, en cada unha delas, aprenderán a alongar a vida útil de diferentes obxectos e refugallos previamente seleccionados. Deste xeito abordarase que se pode facer con restos de comida, pousos de café, cartón, plásticos, botellas, envases, revistas e xornais, e plantexar novas ideas.

En total, realizaranse oito edicións do Laboratorio nas seguintes datas e ubicacións da cidade:

- 26 xuño no parque Eugenio Granell
- 27 xuño no parque Galeras
- 28 xuño no parque de Bonaval