• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago

Data de escritura

Talleres de innovación aberta e co-creación:
xerando solucións a retos empresariais reais.


Potencia a túa creatividade e traballo en equipo para acadar respostas disruptivas aos desafíos plantexados polas empresas
 

Coworking Compostel@ dixital

Os vindeiros xoves, 9 de novembro, en horario de 15:30 a 19:30 horas, e venres, 10 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, nas súas instalacións, en  FORMATO PRESENCIAL a xornada GRATUÍTA:
 

"Innovación aberta e Cocreación:
constrúe solucións a retos empresariais"

 

Nestas sesións activarás o teu pensamento creativo acadando respostas innovadoras aos retos empresariais reais propostos por dúas empresas tractoras, a través do proceso de innovación aberta.

Este interesante programa de 2 xornadas, correrá a cargo do formador Pablo López de Implicatum Consultaría, co obxectivo de animar aos participantes a fomentar a creatividade, o pensamento innovador e a colaboración en equipo para idear solucións disruptivas aos retos que se plantexan, utilizando técnicas como o design thinking e a creación dun produto mínimo viable.

Inscríbete!

Queres coñecer todas as actividades que se realizan no Coworking Dixital? Consulta aquí os vindeiros eventos:
 

Eventos