• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Alfóns Cornellá de novo en Compostela

Hoxe en día esperamos case calquera cousa da ciencia, a tecnoloxía e o comportamento social. O que antes percibiamos como “radical” agora convértese en algo totalmente “normal”, moi rapidamente. Este feito obríganos a ser moito máis audaces na nosa maneira de pensar e a ter un coñecemento constante e actualizado dos últimos avances no mundo. Xestionar e comunicar un progreso tan acelerado, que a miúdo é incomprensible para a maioría das persoas, será un dos grandes retos do futuro próximo.

O Concello de Santiago, pioneiro na captación de fondos europeos destinados ao fomento da compra pública innovadora

O proxecto Smartiago contempla tres liñas estratéxicas: a da xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, a da mobilidade intelixente sostible e a do alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.

O cambio á agricultura orgánica podería reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro

O estudo, publicado na revista Nature Communications, descubriu que ao combinar a produción orgánica cunha dieta cada vez máis vexetariana, maneiras de reducir o desperdicio de alimentos e un retorno aos métodos tradicionais de fixación de nitróxeno no chan en lugar de usar fertilizantes, a poboación mundial proxectada para 2050 de máis de 9 mil millóns poderían alimentarse sen aumentar en gran medida a cantidade actual de terra baixo produción agrícola

¿Economía circular? ... Xa se facía nas aldeas

Mentres na gandería industrial as deposicións dos animais son un problema difícil de xestionar, na leira é o ingrediente máxico para devolver fertilidade á terra. Mentres nunha cidade prodúcese unha cantidade inxente de malgasto alimentario, gran parte do cal acaba en vertedoiros, os lixos dun fogar campesiño alimentan ao gando ou, ben compactadas, enriquecerán o chan onde crecerán as verduras no próximo ciclo agrario.

A Cámara e o Concello de Santiago asinan un acordo para organizar conxuntamente actuacións destinadas a fomentar o emprendemento e a internacionalización

Ambas entidades ofrecerán conxuntamente servizos de información, asesoramento e titorización de proxectos empresariais para contribuír á posta en marcha de novas actividades empresariais, incidindo de modo especial na súa sustentabilidade e competitividade ao longo tempo. Desenvolveranse actuacións destinadas a emprender e xestar ideas empresariais, a desenvolver e crear estas empresas e finalmente procurar a súa consolidación. Ademais, inclúese un apartado destinado a organizar accións enfocadas á transmisión e cese da actividade empresarial. 

CEPES e Laboral Kutxa apostan polo impulso da competitividade das empresas de Economía Social

Por un lado, Laboral Kutxa destinará 50 millóns de euros a favorecer o desenvolvemento da economía social española, a través da nova línea EaSI Social, que facilitará a concesión de préstamos e contas de crédito a proxectos promovidos por empresas que teñan un impacto social positivo.

Por outro lado, CEPES e Laboral Kutxa puxeron en funcionamento un estudo sobre a competitividade da economía social en España, a través da ferramenta de autodiagnose COMPYTE.

O pequeno comercio busca o seu oco en internet

Este é o caso de Kukadas, un pequeno comercio de agasallos que naceu fai escasos tres anos nunha pequena localidade galega e que este ano se alzou co premio nacional en mellor Estratexia Dixital en tendas en liña, nos premios do Día da internet, superando así a candidatura de grandes e notables multinacionais.

Beneficios do cambio á agricultura orgánica

O estudo, publicado na revista Nature Communications, descubriu que ao combinar a produción orgánica cunha dieta cada vez máis vexetariana, maneiras de reducir o desperdicio de alimentos e un retorno aos métodos tradicionais de fixación de nitróxeno no chan en lugar de usar fertilizantes, a poboación mundial proxectada para 2050 de máis de 9 mil millóns poderían alimentarse sen aumentar en gran medida a cantidade actual de terra baixo produción agrícola.