Convocatoria para participar como expositor no Outlet Santiago Centro
Esta é a segunda edición do evento, que reunirá a un amplo grupo de establecementos comerciais do Ensanche e de Compostela, dos sectores máis variados. O evento inclúe a realización de accións para dar visibilidade a tres Ong que traballan en Santiago e Galicia, Down Compostela, Asanog e a sección galega da Asociación Alfa 1 España.
O éxito de público da primeira edición fixo que en 2017 Santiago Centro programe a ampliación do espazo de exposición, para dar cabida a máis comercios e produtos.