• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Cámara de Santiago e ABANCA convocan o cuarto premio "Camiño do emprendemento"

O premio consiste en tres bolsas que cubrirán ao 50 por cento os gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano. Está destinado a emprendedores que teñan constituída unha empresa cunha antigüidade non superior a dous anos e para emprendedores que teñan o seu proxecto empresarial en fase de maduración ou se comprometan a facelo nun prazo de seis meses, e en ningún momento deben ser proxectos que xa foran obxecto de incubación non viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago por un período superior a tres meses.

Novo programa de préstamos a proxectos de Industria 4.0, emprendemento e innovación.

A liña IFI Industria 4.0 apoiará especialmente investimentos centrados na denominada nova industria. Os importes dos préstamos poderán ir desde 65.000 ata un millón de euros, para cubrir ata o 65% dos investimentos en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade ou liñas de fabricación de novos produtos. Terán prioridade proxectos que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e a industria 4.0: robotización, fabricación aditiva, sensórica, sistemas cíber-físicos, automatización, conectividade, vehículos autónomos, dixitalización, big data, loxística 4.0, etc.

Adhesion de establecementos ao programa Reforma17

As axudas públicas directas oscilarán entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros e farán posible que as familias conten con rebaixas de ata o 40% no custo de produtos e mobiliario, grazas aos descontos paralelos que farán os establecementos. A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

Xornada presentación de instrumentos "Cascade Funding"

IMPACT Growth é o novo programa de aceleración da aceleradora IMPACT. Na convocatoria que está aberta seleccionaránse 14 proxectos que recibirán 100.000 € a fondo perdido ademáis dun programa de aceleración online que inclúe formación, mentoring, internacionalización e acceso a financiamento privado de ata 1,5 millones de euros. Ademáis os dous mellores proxectos do programa de aceleración poderán conseguir ata 150.000 € extra, polo que en total obterán ata 250.000 € a fondo perdido.

Emprender en equipo na universidade

A conformación dos posibles equipos de Argos susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo, a presenza dunha persoa con coñecementos de xestión empresariais, e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC e ideas procedentes de empresas da contorna de Santiago e de Lugo que poderán ser a base de futuras plans de empresa.

Convocatoria Premios EmprendedorXXI do 2017

As empresas galardoadas en cada unha das cinco categorías a nivel nacional conseguen 25.000 euros e o acceso a un programa internacional de crecemento organizado coa Singularity University e unha prestixiosa escola de negocios. Pola súa parte cada unha das empresas gañadoras a nivel territorial recibirá 5.000 euros e unha bolsa para participar nun curso internacional de crecemento empresarial, Ignite Fast Track, da Universidade de Cambridge (Reino Unido).