A partir de hoxe, 18 de abril, todas as entidades interesadas poderán presentar a súa solicitude á "Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2024", tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.
¿Alguna vez has deseado poder convertir tu texto en una imagen o en un póster? ¿Tienes dificultad para conseguir imágenes libres para tus publicaciones? Con los generadores de imágenes IA esto ya es posible y pueden ayudarte a dar vida a tus ideas con imágenes asombrosas y realistas.¡Descubre como hacerlo de forma profesional en esta jornada!
Os inmobles da Cidade Histórica beneficiaranse desta subvención destinada ao mantemento e rehabilitación.
Propostas relacionadas co cine, a música, os animais e a saúde foron as máis votadas nos Orzamentos Participativos do departamento de Xuventude. A concelleira María Rozas presentou hoxe os resultados do proceso, no que se decidiu o destino de 100.000 euros para actividades do presuposto municipal de 2024. Ao longo do ano executaránse as dez actividades mellor valoradas das máis de cen que foron validadas, despois dunha fase de votación na que participaron máis de mil mozos e mozas.
Os establecementos comerciais de Santiago convertiránse en pequenos museos para albergar obras de arte en miniatura realizadas polos veciños e veciñas, grazas ao programa "O museo máis pequeno da cidade", impulsado pola Concellaría de Centros Socioculturais. Os concelleiros Xan Duro e María Rozas presentaron hoxe a actividade, coa que a rede de CSC se suma tamén á celebración do Día Mundial dos Museos, o 18 de maio. As persoas que desexen participar achegando a súa proposta artística poderánse inscribir a partir do próximo xoves, 4 de abril.
O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía Social no corazón da nosa historia", organizada pola concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, e o Foro pola Economía Social Galega para darlle visibilidade a "un modelo que, alén das grandes cifras económicas, pón o foco na situación das persoas, a calidade do emprego, o uso responsable dos recursos ou o impacto ambiental". Así o explicou a concelleira María Rozas, que visitou a mostra acompañada polo presidente do ForoEsGal, Celso Gándara, e doutros representantes das entidades de economía social de Galicia e da Corporación municipal.
A tenda Naf Naf acollerá o próximo mércores unha mesa redonda sobre a prostitución, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", impulsada por unha ducia de comerciantes de Santiago en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Neste mes de marzo, a iniciativa fíxase o obxectivo de dar a coñecer o traballo que se desenvolve no programa Vagalume de atención integral a mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata.
O Concello de Santiago asinou hoxe o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras. A firma correu a cargo de Xan Duro, concelleiro de Promoción Económica en funcións por mor da situación de baixa médica da responsable do departamento, María Rozas. O edil salientou que "o documento aprobado hoxe é unha folla de ruta para avanzar cara o modelo produtivo e laboral que queremos, e para facelo da man e de maneira colaborativa entre todos os axentes implicados, comezando polo propio Concello". Nese sentido, Duro agradeceu o compromiso de todas as entidades asinantes "cun documento que pón o foco nos colectivos máis vulnerables e con máis dificultades para o acceso e o mantemento do emprego".
Esta mañá quedou constituída a comisión interinstitucional que fará un seguimento trimestral dos avances nos diferentes ámbitos de actuación establecidos no Protocolo de colaboración asinado polo Concello e a Universidade de Santiago. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o reitor da USC, Antonio López, presidiron esta primeira xuntanza formal na que se marcaron as prioridades para os próximos meses e se deu luz verde á creación de grupos de traballo que avanzarán en cuestións concretas relacionadas co urbanismo e no desenvolvemento de prácticas profesionais na administración municipal para o alumnado universitario.
Santiago será unha das catro cidades do Estado que acollan o programa de formación de Marketing dixital e Cooperativismo organizado pola Fundación Paideia Galiza e a Escuela de Organización Industrial, grazas á colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A actividade, dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos e totalmente de balde, desenvolveráse no Cersia ata o mes de xullo. A concelleira María Rozas presentou hoxe o programa formativo, nunha rolda de prensa na que a Fundación Paideia estivo representada por Juan Soriano e Fabiola Seoane.