• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Durante toda a fin de semana, o programa ofrecerá diversas propostas para todos os públicos pensadas para descubrir e gozar da contorna da Carballeira de Conxo. Este venres 24 terá lugar a visita literaria "as voces do bosque", guiada polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room coa que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. O sábado 25, será a quenda do taller de observación de aves, o de "baños de bosque" e a unha ruta que inclúe unha visita e exhibición do funcionamento do muíño de Mourullo, en Sar. Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades deberán inscribirse de maneira previa.

Etiquetas:
novas , Festa do Banquete de Conxo

Taller práctico: "Explorando a Realidade Virtual, Realidade aumentada e a Visión artificial

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2024, que conta cun orzamento de 30.000 euros.

Etiquetas:
novas , subvencións , igualdade , violencia machista , prevención

A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, vén de proclamar a súa nova Xunta Directiva na Asamblea Xeral celebrada en Xixón. Durante os próximos anos, o Concello de Santiago asumirá a presidencia da entidade, a través da técnica responsable da Oficina de Promoción Económica e Emprego, Carme Casado. Da Xunta Directiva formarán parte outras dez entidades, de diferentes lugares de todo o Estado.

Etiquetas:
novas , Redel , Santiago de Compostela , presidencia , Carme Casado

Bajo el título "Cohesión social e igualdad de oportunidades en la era de la inteligencia artificial", tendrá lugar los días 16 y 17 de mayo en el Palacio de Congresos de la ciudad de Gijón. Más de doscientos asistentes se darán cita  con motivo de este Congreso

Etiquetas:
novas , Redel , II Congreso de Desarrollo Local , Gijón , Cohesión social , igualdade

O Concello organiza o vindeiro sábado 25 de maio unha xornada sobre compostaxe dirixida a todas as persoas interesadas en adquirir coñecementos e resolver dúbidas sobre a xestión da materia orgánica. A xornada, con asistencia de balde previa inscrición, foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez.

Etiquetas:
novas , compostaxe , ecolóxico , economía , emprego , sustentabilidade , medio ambiente

ECONOMÍA CIRCULAR INCLUSIVA

 

PROMOCIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL NO ÁMBITO DA ECONOMÍA CIRCULAR

 

DÍA: 16 DE MAIO

HORA: 9:15 a 13:30 horas

LUGAR: Auditorio 2. Edificio CINC. CIDADE DA CULTURA 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Etiquetas:
novas , economía circular inclusiva , AEIGA , SEPE , Rede Eusumo

Un cento de mulleres desempregadas están a recibir formación e asesoramento no marco do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Ecoómica e Xuventude. A súa responsable, María Rozas, deu conta hoxe das actividades, que se desenvolven ata o mes de novembro. Entre elas destaca a acción FemCoders, unha actividade novidosa dirixida a reducir a fenda dixital de xénero no sector tecnolóxico.

Etiquetas:
novas , FemCoders , Factoría F5 , Plan Integrado de Emprego , Concello de Santiago

Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, a xornada GRATUÍTA:

O martes, 14 de maio, en horario de 15:30 a 19:30 horas

"Constrúe o teu modelo de negocio con LEGO® Serious Play"

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking , LEGO serious play

O Concello de Santiago e a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia estudarán posibles vías de colaboración para apoiar e mellorar o asesoramento a este colectivo en Compostela. Así se acordou na reunión que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mantiveron co presidente da UPTA, Eduardo Abad.

Etiquetas:
novas , colaboración , traballadoras autónomas , UPTA , inmigrantes , feminino , verde , social