O Goberno galego impulsa un plan pioneiro para a dixitalización de 100 pemes
En 2018 desenvolveranse catro convocatorias para facilitar proxectos dixitais, nos que terán prioridade as iniciativas colectivas formadas por grupos de empresas.
En 2018 desenvolveranse catro convocatorias para facilitar proxectos dixitais, nos que terán prioridade as iniciativas colectivas formadas por grupos de empresas.
Na súa auditoría, o Tribunal constatou que existen posibles sinerxias entre a política de enerxía renovable e os fondos destinados a facilitar o desenvolvemento sustentable, pero que estas sinerxias seguen sen aproveitarse en gran medida. A política da UE sobre enerxías renovables podería ser máis explícita ao establecer as condicións para vincular de maneira eficaz a enerxía renovable ao desenvolvemento rural.
A partir do 18 de maio realizaranse tres cursos de "Horticultura biolóxica profesional e economía de proximidade" nos centros cívicos de Enfesta, Marrozos e O Castiñeiriño, de 66 horas de duración cada un, con titorías personalizadas a todas as persoas participantes e demostracións prácticas das técnicas explicadas en hortas de Compostela.
O Concello considera unha prioridade pór en marcha medidas concretas dende o ámbito municipal, o máis próximo á cidadanía, que aborden o impacto que o coronavirus causou neste sector e dean unha resposta inmediata ás necesidades que precisan os establecementos hosteleiros e de restauración.
Na apertura do foro, o rexedor compostelán lembrou o xérmolo do actual Talentia, a Feira de Empego, nacida hai xa 10 anos pero que nos últimos tres, xa baixo a marca actual, experimentou unha importante mudanza "cunha aposta decidida pola innovación e o talento". E ampliou o radio de acción: de ser un evento centrado en Santiago pasou a converterse nunha feira de referencia no ámbito galego e no nacional. "Só o 10% dos participantes nas últimas edición foron de Compostela", engadiu.
O manifesto, consensuado entre todos os grupos políticos con representación no Concello de Santiago, remataba co compromiso da Corporación Municipal na promoción de medidas a favor dunha igualdade real e efectiva, "actualizando estudos sobre a situación das violencias de xénero, desenvolvendo políticas en materia de igualdade no ámbito preventivo e educativo, achegando recursos económicos, e impulsando campañas que traballen pola erradicación das violencias de xénero co fin de situar esta problemática no centro da axenda política local".
Considerando o conxunto dos bosques de toda España, esta zona achega case o 25 % da madeira nacional, sen dúbida os montes destas tres comarcas son estratéxicos para cubrir as demandas de produtos madeireiros que consumimos os cidadáns españois.
Despois duns inicios bastante mornos, a realidade aumentada está a deixarse ver como unha tecnoloxía cun futuro bastante prometedor. Boa parte deste cambio de imaxe xorde do fenómeno Pokémon Go que, hai aproximadamente dous anos, mostrou ao público xeneralista a realidade aumentada dunha forma natural mediante os personaxes do famoso videoxogo.
Deloitte prevé 580 millóns de subscricións dixitais este ano: 375 millóns en vídeo baixo demanda, 150 millóns en música, 35 millóns en videoxogos e 20 millóns en noticias.
Compílanse na seguinte relación artigos, guías e informes de fontes oficiais e entidades empresariais en relación ás medidas económicas extraordinarias adoptadas a raiz da crise sanitaria do COVID-19 que poden ser de utilidade para persoas traballadoras, empresariado e persoas autónomas: