• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago

Nesta sesión os asistentes aprenderán cales son os aspectos clave nos que se debe cimentar a ciberseguridade do seu negocio. Dende a normativa legal que debe implementar a protección da información de usuarios e clientes, como o uso de aplicacións que protexan o correo electrónico, uso de redes, contrasinais, copias de seguridade, e sobre todo, a saber detectar onde poden estar as vulnerabilidades e ameazas virtuais e como defenderse de estas.

A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor arredor do proxecto El Camino ESS

En setembro presentarase a iniciativa 'El camino ESS', un proxecto de cooperación dentro e fóra de Galicia para repensar un turismo máis sostible e responsable cos territorios e as persoas. Raquel Calleja e Lucía Santiago, de REAS Galicia, compartirán coas persoas asistentes esta proposta de turismo alternativo que aspira a fortalecer o tecido cooperativo ao longo do territorio.

Comeza o curso na Academia Maker e na Rede TIC 2

Despois da gran acollida que tivo a presentación de ambos proxectos durante o mes de xullo, en setembro botan a andar en oito centros socioculturais da cidade a Academia Maker e a Rede TIC 2. Pero antes de comezar, voltará o laboratorio de fabricación dixital móbil ás rúas de Compostela para explicar de primeira man os dous proxectos e pechar as inscricións. Será a semana que vén, do 4 ao 8 de setembro.

O 7º Encontro Emprendedor centrarase nas alternativas comunitarias de vivenda na vellez

Esta nova cita centrarase na vivenda, unha temática central na vida das persoas que é necesario repensar. Dada a amplitude e o interese social que xera este tema, esta sesión contará coa participación de Nieves Rodríguez, da asociación Larlilás, organización autoxestionada que ten o obxectivo de materializar un proxecto de vivenda comunitaria na vellez, e de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo e experto en vivenda e en calidade de vida nas ciudades tendo en conta o impacto do turismo.