• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Goretti Sanmartín e José Manuel Miñones poñen en común os avances para a futura plataforma loxística en Santiago

Sanmartín felicitouse de que o presidente de Mercasa ratificara o compromiso con Santiago na reunión deste martes, que continúa na liña de xerar dinámicas de impulso, colaboración e potenciación de Mercagalicia para Compostela. Hai que lembrar que Mercasa e o Concello de Santiago son entidades socias en Mercagalicia e comparten un proxecto, "o xerme ao que se engadirá a plataforma loxística e que quere constituír no futuro nodo loxístico", en palabras da rexidora.