Os III Premios á Excelencia Empresarial recoñecen as empresas que axudan a construir un Santiago mellor
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, explicou que estes premios “serven de guía para ese camiño cara o soño colectivo ao que aspiramos na Compostela que habitamos, premiando a quen con decisión e esforzo decidiu remar a contracorrente en prol dun país máis humano”. A rexedora loubou a traxectoria de todas e cada unha das empresas recoñecidas, e salientou que os galardóns mostran “a diversificación da economía, nun mundo cada vez máis incerto no que depender duns poucos sectores é xogar co futuro”.