• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIONS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para

O Concello de Santiago pon en marcha un servizo de información a pé de rúa sobre a xestión de residuos na cidade histórica

Segundo explicou Xesús Domínguez, "esta campaña informativa vai estar centrada na xestión de residuos na cidade histórica e pretende informar á veciñanza, aos visitantes e á hostalaría en xeral da necesidade de coidar entre todos a cidade". O obxectivo deste servizo é que todas as persoas fagan "un bo uso do modelo de recollida e tratamento de residuos para manter limpa esta cidade, que ademais é Patrimonio da Humanidade", engadiu o edil.