Aberto o prazo para participar no Pont-Up Store 2021
Se estás interesado en participar nesta 8.ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE, xa podes presentar a túa candidatura e participar de forma gratuíta.
Nesta edición, o encontro estará especialmente dirixido a persoas emprendedoras valentes que puxeron en marcha a súa empresa en plena pandemia (entre 2019 e 2021) e aberta tamén a todos aqueles emprendementos que xa participaron en pasadas edicións e que presentan unha innovación destacable que lles permitira afrontar con éxito a situación xerada pola COVID-19.