Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede? Campaña informativa: 30 de xuño e 1 de xullo
En Galicia, a Xunta de Galicia, en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica (a través do programa Rede de Cooperación Local), a Fundación Galicia Europa, e entidades empresariais, organismos e centros de información europea organizarán, no marco desta campaña, un evento de dous días, no que as entidades participantes poderán mostrar ao público as súas actividades e proxectos no ámbito social. Contará con seminarios, coloquios, debates, maxia, arte, música e información.







