Xornada de presentación do Proxecto Anatole sobre mercados de proximidade
A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza, o 28 de xuño, unha xornada de presentación do Proxecto Anatole sobre mercados de proximidade. Terá lugar no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, na Rúa do Vilar, número 19.
O Proxecto Anatole é un proxecto de dimensión europea que pretende a recolleita e implantación de boas prácticas sobre o desenvolvemento de mercados de proximidade, é dicir de mercados nos que a relación entre a produción e o consumo se da nun territorio relativamente pequeno.