• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

16 de decembro. Presentación da Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Tras máis dun ano de traballo dedicado ao deseño, reestruturación de contidos, e creación de novas ferramentas, chegou por fin o momento da posta en marcha da nova web do Ceesg.
Este portal nace coa intención de ser o principal medio de comunicación do Ceesg, un espazo de encontro, de diálogo, de participación e de creación conxunta de Educación Social, unha comunidade aberta e democrática de aprendizaxe e educación ao longo da vida, e, ao mesmo tempo, un instrumento áxil e útil.

Edición Nadal. VII concurso Municipal de Escaparatismo

Na edición de verán premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valor de 4.000 euros para o primeiro clasificado, de 3.000 euros para o segundo, e de 2.100 para o terceiro. O xurado, no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos.

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2011

 O Plan de Formación Continua 2011 deseñouse baixo dúas premisas: por unha banda ofertar unha serie de contidos prácticos e útiles centrados en procesos de xestión, administración, novas tecnoloxías e enerxías renovables; por outra facilitar a participación nos mesmos a través da combinación entre actividades presenciais, que se desenvolverán no Cersia, e actividades de teleformación.Os cursos que se ofertan, que xa teñen aberto o prazo de inscrición, son: Cambio organizacional e xestión do coñecemento; Xestión empresarial básica; Marketing en Internet; Protección de d

Empresa e redes sociais. Curso de Community Management impartido por PREMIR

O obxectivo fundamental desta actividade de marketing online e community management é dar a coñecer as posibilidades que posúen as redes sociais como ferramentas comunicativas e comerciais para empresas e organizacións de ámbito local. Tras agotárense as prazas no curso impartido no mes de setembro en Santiago, estase a reeditar en decembro e xaneiro nas cidades da Coruña e Vigo.