• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18:

  • Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado.
  • Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.

Incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos

O programa de incentivos prevé unha dobre tipoloxía de proxectos baixo os cales se articulan as actividades financiables, en función da caracterización da acción formativa:

  • Liña I. Apoio para formacións xa establecidas cun programa que se identificou acorde coas necesidades da entidade beneficiaria.
  • Liña II. Apoio para a implementación de proxectos de formación a medida.

Incentivos á contratación na empresa ordinaria

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
  • Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade

O Big Data non só mudou o acceso á cultura, senón que está transformando moitas das dinámicas culturais das sociedades actuais. Nesta xornada, que se celebrará o 15 de marzo no Consello da Cultura Galega en Santiago, preténdese ofrecer unha visión panorámica do que acontece no panorama do Big Data, coa presentación dalgunhas experiencias, e analízanse vías para aproveitar esa circulación masiva de datos nas iniciativas culturais nos diferentes ámbitos. 

Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas: a) Subvención á xeración de emprego estable. b) Subvención para formación. c) Subvención para o inicio da actividade. d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.