Programa de emprendemento Vodafone Connecting for Good Galicia
En cada convocatoria selecciónanse ata un máximo de seis proxectos de emprendemento tras a súa avaliación por un xurado, que pasan a formar parte do Programa Vodafone Connecting for Good Galicia. Os proxectos seleccionados teñen acceso ao Centro Vodafone Connecting for Good Galicia e a un conxunto de ferramentas e recursos a través dun traballo personalizado e unha metodoloxía de aceleración específica baseada na innovación.
Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo
Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis (6) meses tras finalizar o desfrute da redución da contía a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.
Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma
Xornada sobre a nova lei de contratos do sector púlico
Organizada pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), en colaboración coas entidades Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal).
Misión inversa Colombia - Perú - Panamá
Unha excelente oportunidade para dar a coñecer s túa empresa, pechar vendas dos teus produtos e descubrir oportunidades de negocio internacional.
¿Cómo internacionalizo con éxito a miña empresa?
A pesar de todos os benecios da actividade internacional, tamén existen riscos asociados que non se deben perder de vista. Cada país en función da súa área xeográca, cultura e uso da tecnoloxía, pode ter contornas legais distintas ao español, con marcos scais, laborais e mercantís que en moitos casos distan enormemente dos usos habituais en Europa. Por esta razón, coñecer en profundidade o destino obxectivo para a expansión internacional é clave para poder afrontar este proceso con éxito.