María Rozas reivindica “o valor identitario e económico dos oficios tradicionais” na segunda xornada da Maker Faire Galicia
A Casa das Máquinas acolleo o 8 de novembro a Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia, un evento deseñado para poñer en valor os oficios tradicionais e conectalos coas novas xeracións. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuvenude, María Rozas, aproveitou a inauguración do evento para poñer en valor estes oficios “non só porque son parte da nosa identidade nun mundo cada vez máis globalizado, senón tamén pola súa importancia desde o punto de vista económico e o papel que poden xogar na creación de emprego de calidade”.
A Xornada de Oficios é unha das tres sesións nas que nas súa décima edición se dividiu a Maker Faire Galicia, nun formato innovador que pretende que a feira teña presenza ao longo de todo o ano. En xuño celebrárase en Área Central unha xornada centrada na Innovación Social, hoxe pónse o foco nos Oficios, e ainda se celebrará unha terceira xornada dedicada á industria. Na inauguración, a tenenta de alcaldesa explicou que as tres temáticas elixidas para a Maker Faire “encaixan coas liñas de traballo que mantemos desde a Concellaría de Promoción Económica”. María Rozas incidiu en que “a Maker é unha moi boa oportunidade para achegar os oficios tradicionais e a artesanía a novos públicos, e tamén polo tanto para procurar o relevo xeracional”.
Charlas destacadas
Na inauguración da Maker Faire participaron tamén o director Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; e o cofundador da Maker Faire Galicia, Enrique Saavedra. Despois da apertura institucional, a primeira charla da xornada correu a cargo de Elena Ferro, artesá de terceira xeración. Tamén participaron Álvaro Indias Salguero, de Arteotro Workshop; ou Francisco Millán, de Frouma; e a artista multidisciplinaria Attua Aparicio, cofundadora do Silo Studio e con sede en Londres. A xornada completouse cunha mesa redonda sobre Comunidades de Makers, con Álvaro Indias, Beatriz Barril, Leticia Castro e Carme Casado; e outra sobre novos materiais, con Attua Aparicio, Francisco Guitián e Elena Fabeiro, que explorarán a importancia da innovación nos oficios tradicionais.
A xornada inclúe tamén obradoiros dirixidos principalmente a centros educativos, e pola tarde celebrarase unha sesión de Think Tank onde expertos, relatores e makers discutirán a porta pechada o futuro dos oficios tradicionais, as oportunidades e os desafíos que deben superar para manterse relevantes no século XXI.