O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC) colaboran un ano máis para organizar a IV edición da Feira de Emprendedoras de Compostela, que esta edición porá o foco nas entidades do sector artístico e cultural da cidade e a súa contorna. Este evento, destinado a emprendedoras de Compostela e a súa contorna, así como a universitarias como futuras empregadas e creadoras de emprego, será por cuarto ano consecutivo un punto de encontro e de intercambio entre mulleres referentes e outras emerxentes no mundo do emprendemento.
Desenvolvido no marco do programa SMARTIAGO, este vehículo pretende mellorar o transporte de mercadorías no centro da cidade e reducir as emisións contaminantes. A iniciativa contará cun Living Lab, un espazo vivo destinado a asesorar a emprendedores e empresas no uso da plataforma. O proxecto foi presentado esta mañá en Santiago nun acto que contou coa presenza do alcalde e de varios membros da Corporación municipal, entre outras autoridades.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, verificaron esta mañá en Compostela a aplicación do desconto do 30% no prezo do autobús urbano que entrou en vigor este mes grazas ás axudas activadas polo Ministerio de Transportes para paliar a inflación e os efectos da crise enerxética. O rexedor amosou a súa satisfacción polo repunte no uso do transporte público, que xa se sitúa en niveles anteriores á pandemia. No acto tamén estaba presente o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños.
O Pleno dá luz verde á segunda exposición pública da modificación do PXOM sobre a regulación de usos
Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada este luns, a Corporación municipal aprobou unha nova apertura da información pública da modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), cuxo obxectivo é preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación daqueles usos e actividades complementarias que proporcionan servizo á poboación residente. Tamén se aprobou o Plan de Acción Local para a Axenda Urbana 2030 de Santiago e se fixaron o día da Ascención (18 de maio) e San Roque (16 de agosto) como festas locais para o 2023.
Grazas a esta rebaixa o bono ordinario pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros; o bono escolar, de 0,40 euros por viaxe a 0,28 euros; e o bono mensual, de 26 euros ao mes, a 18,20 euros. A medida entrará en vigor o 1 de setembro e aplicarase directamente ao recargar o correspondente bono, sen necesidade de ningún trámite máis.
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou esta mañá no parque de Galeras a nova imaxe e a web do servizo de limpeza viaria, santiagosostible.gal, un punto de encontro da cidadanía co servizo. Este espazo servirá para facer máis accesible a información e simplificar certos trámites, como por exemplo a solicitude de composteiros, e permitirá tamén achegar dúbidas e suxestións ou contactar co servizo de recollida de voluminosos a domicilio, entre outros. Na rolda estivo acompañada por técnicos do Concello e responsables da concesionaria do servizo.
Os establecementos hoteleiros de Santiago xa superan as pernoctacións acumuladas nos sete primeiros meses do ano 2019 confirmando a forte reactivación turística da cidade
As medidas sobre o consumo de auga adoptadas polo Concello de Santiago o pasado 1 de agosto, antes de que a Xunta de Galicia decretase o estado de prealerta por seca, continuarán aplicándose. Esta mañá tivo lugar unha reunión telemática entre representantes dos concellos da conca do Tambre e Augas de Galicia, que de momento, non modificou as citadas medidas.
O programa é unha iniciativa da UE para o intercambio de experiencias entre novos emprendedores e empresarios consolidados, tanto da UE como dun grupo de países de fóra de Europa. Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, participa na actualidade a través de YEIM, un consorcio integrado por entidades públicas e privadas de España, Alemaña, Italia, Francia, Croacia, República Checa, Lituania e Bulgaria.
Na sesión ordinaria do Pleno celebrada este mércores, a Corporación municipal consensuou unha moción conxunta de todos os grupos municipais para manifestar o seu apoio e compromiso a que a cidade de Santiago acolla a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).