• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SEGUNDO ENCONTRO DE EMPRENDEDORES.

Data de escritura

Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade

II ENCONTRO EMPRENDEDORES

O mes de marzo terá lugar o segundo encontro emprendedor, que centrará o debate sobre o modelo de cidade do futuro. No proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 identificáronse cuestións que definen cal é actualmente o modelo de cidade, en referencia á distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.

Neste encontro emprendedor conversaremos sobre os retos que aborda Compostela cara ao futuro, enfocando o debate cara a participación cidadá na definición do modelo de cidade. Nesta ocasión contaremos coa participación de Mercedes Vázquez Bartomeu, historiadora e veciña do barrio de San Pedro, e Luciano González Alfaya, arquitecto e planificador de estratexias territoriais para a transformación urbana sostible. As persoas asistentes ao encontro poderán compartir reflexións e ideas que enmarquen os elementos tractores do modelo de cidade.

Ao longo do 2023, o Concello de Santiago celebrará un ciclo de 10 Encontros Emprendedores que den continuidade á construcción do Santiago do futuro. A celebración destes Encontros ten un dobre obxectivo: por unha banda, dar a coñecer o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030; por outra, establecer un espazo de encontro, diálogo e debate entre experiencias inspiradoras que están a desenvolver a súa actividade atendendo aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Este segundo encontro emprendedor terá lugar o martes 21 de marzo, entre as 10.00 e as 12.00 no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Podes inscribirte no encontro neste enlace: https://forms.gle/fgak9d2PoKPJnrwx6

Contacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com