O Concello de Santiago de Compostela acaba de comezar co despregamento dun Centro de Operacións de Seguridade (SOC), que se integrará na Rede Nacional de SOCs, impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional, co obxectivo de mellorar a seguridade, capacidade de defensa, detección e resposta a ciberincidentes entre as distintas administracións
O Mercado Galego da Creatividade acolleu onte a primeira sesión dos Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Esta cita contou cunha boa acollida por parte das persoas asistentes, que tamén se animaron a participar de xeito activo na aportación de propostas e ideas para mellorar a cidade do futuro.
Con esta intervención, realizada polo Consorcio de Santiago, continúase coa rehabilitación exterior do edificio monumental logo de que o pasado ano se completase a renovación das cubertas e pluviais.
A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria, deu luz verde a un total de 70 subvencións nominativas por un total de 1.565.908 euros dos que se beneficiarán entidades sociais, deportivas, culturais, comerciais ou educativas da cidade, entre outras. Tamén se aprobaron os suplementos de crédito para completar a achega municipal deste exercicio para as obras da Plataforma loxísitica, do complexo deportivo de Santa Isabel e do pavillón polideportivo de Vite.
O Concello de Santiago implantará nos vindeiros meses unha nova aplicación informática que permitirá unha xestión integral de facturas desde o momento da súa presentación ata o seu pagamento, evitando a xestión manual. Esta nova solución web permitirá coñecer en todo momento a situación na que se atopa a factura e a integración desta xestión con outros procesos administrativos.
A Axenda Urbana de Santiago continúa o seu programa de participación cidadá coa posta en marcha do ciclo Encontros Emprendedores. A primeira das citas terá lugar o martes 28 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas e levará por título Territorio, paisaxe e diversidade. Dinamizando colectivamente o territorio a través da arte. A asistencia é de balde, previa inscrición a través deste formulario: https://forms.gle/kjGM3onaqqJHtqqAA. Pódese consultar máis información a través do enderezo electrónico encontrosaxendaurbana2030@gmail.com
Xosé Sánchez Bugallo mantivo un encontro esta mañá no Pazo de Raxoi coa nova presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, María Pais, no que trataron temas de interese para as empresas locais como a axilización da xestión de licenzas, o desenvolvemento de infraestruturas estratéxicas, a continua mellora dos servizos públicos da cidade ou a implantación de novas empresas.
O Consorcio de Santiago lanzou o pasado mes de xaneiro un novo programa de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá cun importe de 900.000 euros. As axudas destinadas a este fin poderán solicitarse ata o 20 de febreiro ás 14:00 h.
O prazo de solicitudes para poder optar a estas axudas rematará o vindeiro luns, 20 de febreiro ás 14:00 h, e poderán entregarse no Rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59) ou por calquera dos medios admitidos na Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común. Na web do Consorcio, pode atoparse toda a información ao respecto.
O Pleno aprobou de forma definitiva a modificación puntual do título III do Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM), cuxo obxectivo é preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación dos usos e actividades complementarias, entre elas as vivendas de uso turístico ou VUT. Na sesión de hoxe tamén tomou posesión a nova concelleira Begoña Rodríguez.
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de presentación das accións incluidas no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) da Vía Verde Compostela-Tambre- Lengüelle e financiadas con 1,4 millóns de euros polo Goberno de España a cargo do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; do vicepresidente provincial, Xosé Regueira; do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e do presidente da Asociación de Concellos da Vía Verde, Antonio Leira. No acto tamén estiveron presentes os rexedores dos outros catro concellos polos que pasa a Vía Verde, Juan Manuel Rodríguez (Cerceda), Antonio Pereira (Tordoia), José Luis Martínez (Ordes) e Luís Rey (Oroso), e a concelleira de Medio Ambiente de Santiago, Mila Castro.