• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria deu luz verde á adxudicación do contrato de "servizos enerxéticos e de mantemento, funcionamento e subministración do alumeado público exterior do concello de Santiago" á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X Servicios S.L., por un importe total de 41.765.702,55 euros, IVE engadido. Este novo contrato permitirá a renovación e mantemento do alumeado das rúas, prazas, e outros espazos públicos do municipio por un período de dez anos, incorporando o uso da tecnoloxía LED e dun sistema de enerxía 100% renovable.

Etiquetas:
novas , aforro , eléctrico , alumeado , nocturno , subministración , público

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o proxecto técnico básico e de execución para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite cun orzamento global de 1,3 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses.
A reforma integral do pavillón de Vite pretende emendar a situación actual dunhas instalacións que datan da década dos 90 tras un uso intensivo durante máis de 30 anos.

Etiquetas:
novas , rehabilitación , pavillón , Vite , integral , proxecto

A Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato que ten por obxecto a prestación do "servizo de oficina de transformación dixital" á empresa Indra Soluciones Tecnológicas de la Información SLU, por un importe, IVE engadido, de 501.735,80 euros, e un prazo de dous anos. O obxectivo é darlle un novo impulso ao reto de transformación dixital que se está levando a cabo no Concello de Santiago de Compostela dende fai un ano.

Etiquetas:
novas , transformación , dixital , simplificación , interconexión , sistema , procedementos

Despois do primeiro encontro, centrado na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP na cidade, hoxe, 12 de abril, terá lugar o segundo, que versará sobre o transporte público. A cita, telemática, será a partir das 10.00 h. Ao longo dos meses de marzo e abril, celebraranse outros dous encontros temáticos no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS.

Etiquetas:
novas , segundo encontro participativo , PMUS , FEDER , plan estratéxico

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto construtivo da obra de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Santiago de Compostela Cerceda para uso como Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle / Tramo 2 (t.m. de Santiago de Compostela), cunha lonxitude total a acondicionar de 8.015 metros e un investimento previsto, segundo o proxecto, de 1.023.407,8 euros.

Etiquetas:
novas , segundo tramo da vía verde , aprobación , acondicionamento

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de Regulamento do Consello Municipal da Cidade Histórica. Dito Consello é un órgano colexiado de participación para a consulta, asesoramento, proposta e seguimento das accións encamiñadas á conservación patrimonial, promoción e representación dos intereses colectivos das persoas que residen na zona vella.

Etiquetas:
novas , proxecto , regulamento , cidade histórica , Consello Municipal , (1057)

O Goberno municipal aprobou hoxe, inicialmente, o estudo de viabilidade económica-financeira e o anteproxecto como actuacións preparatorias do expediente de concesión de servizo (e máis a obra) de explotación do complexo deportivo no barrio de Santa Marta. Agora, tal e como explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, ambos proxectos vanse someter a información pública polo prazo dun mes, antes de saír a licitación. Segundo sinalou, o complexo tería capacidade para 5.000 persoas.

Etiquetas:
novas , Santa Marta , complexo deportivo , plano , anteproxecto , viabilidade

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente de contratación do "Servizo para a execución de diversas operacións de desbroza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" que sae a licitación por 790.000 euros repartidos nas seguintes anualidades: 200.800 en 2023, 395.000 en 2024 e 194.200 euros en 2025. O actual contrato, finaliza a finais de xullo deste ano.

Etiquetas:
novas , limpeza , viarios , Licitación , parcelas

O Goberno Municipal aprobou hoxe o expediente de licitación do contrato mixto de servizos e subministración do "Sistema de xestión integral da base de datos Oracle do Concello de Santiago de Compostela", que sae a licitación por 154.215,37 euros, IVE engadido. Este sistema integrará todas as bases de datos, actualmente dispersas, co obxecto de ter un maior control da información, así como incrementar significativamente a seguridade da mesma

Etiquetas:
novas , Licitación , suministro , xestión , base de datos , Oracle

O alcalde e o concelleiro de Obras percorreron parte do itinerario que transcorre desde San Marcos ata Sar, pasando por Amio, San Lázaro e Aríns. A senda alcanza preto de 12 quilómetros, uníndose ao tramo previamente existente de Sar, Pontepedriña e Conxo. Todo o itinerario e elementos a destacar da ruta están recollidos na web parquefluvialdesantiago.org

Etiquetas:
novas , parque fluvial de Santiago , O Berce de Sar , ruta , sendeirismo , ciclistas