Xoves, 4 de maio, abreuse o prazo de inscrición no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo no marco do programa Vive o verán 2023. Este ano ofértanse 310 prazas, 150 nos centros urbanos e 160 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2023", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes entre o 22 de xuño e o 8 de setembro, ambos incluídos. O prazo de inscrición establécese entre o 15 e o 22 de maio.
O Pleno da Corporación aprobou esta mañá en sesión extraordinaria o destino de máis 7 millóns de euros de remanentes, que se dedicarán ao pago de gastos correntes como a luz ou o transporte urbano, así como á realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural
AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes) presentou hoxe a a edición dixital do Estudo cualitativo ‘2022, Ano de cambios no audiovisual galego’, que recolle unha serie de reportaxes sobre as produtoras galegas independentes para entender o estado actual do noso audiovisual. Na rolda de prensa estiveron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente e a xerente da entidade, Felipe Lage e Uxía Caride.
O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa cuarta xuntanza que se centrará na xestión sostible dos recursos e na economía circular como un dos eixos de futuro, recollidos na Axenda Urbana 2030 compostelá. Este novo encontro terá lugar o vindeiro martes, 16 de maio ás 10:00 horas no Mercado Galego da Creatividade e a inscrición xa esta aberta para todas as persoas interesadas.
O vindeiro 15 de maio o Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional da Luz cun paseo nocturno para que a cidadanía poida reflexionar sobre o impacto da iluminación na paisaxe nocturna da vila. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de maio.
A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ao procedemento aberto de adxudicación da "Dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de Santiago de Compostela", que conta cun orzamento base de licitación de 337.312,50 euros para os anos 2023 e 2024.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acaba de conceder 3.613.586,17 euros de fondos Next Generation ao "Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago. Entre o Sar e o Sarela", que contempla cinco actuacións: o barrio verde de Pontepedriña, a lagoa do Auditorio, o xardín botánico, a lagoa de Cornes, e a renaturalización do monte do Viso. Todas elas reciben financiación, segundo destacou o alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, quen incidiu na importancia do proxecto para Compostela.
Hoxe clausuráronse as xornadas "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade", promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura. En representación de Santiago, nas xornadas participou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, xunto a un amplo elenco de expertos e representantes das 15 Cidades Patrimonio.
Promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura, estas xornadas celébranse os días 24 e 25 de abril na Casa da Lectura-Biblioteca Municipal, baixo o título "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade". A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou nunha mesa de debate sobre a accesibilidade nas cidades históricas, no que compartiu a experiencia de Santiago.