O vindeiro venres, 7 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago celebra, en formato online a xornada gratuita:
“CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas”
“Customer Relationship Management”: eficaz para personalizar e optimizar as túas interacción cos teus clientes.
O proxecto "Entre Sar e Sarela" recibirá unha axuda de 3.613.586,17 euros a través da convocatoria da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións de renaturalización e resiliencia de cidades españolas, lanzada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada polos fondos europeos NextGenerationEU. Este proxecto, presentado de maneira conxunta polo Concello de Santiago e a USC, recolle actuacións en diferentes zonas da cidade como o barrio de Pontepedriña, o Xardín Botánico, a lagoa do Auditorio de Galicia, co obxectivo de completar a rede de sendas e consolidar así o anel verde ao redor da cidade.
UnLimited Spain xunto a Yoigo buscan 10 proxectos de emprendemento con solucións innovadoras que xeren impacto social nos pobos e para os pobos da España Rural
O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela celebrou o seu 5º Encontro baixo a temática da promoción da igualdade e da cohesión social.
Este Encontro comezou cunha benvida – café, da man de Creativas galegas ofrecendo produtos de elaboración galega. Para afondar na temática do Encontro contamos co relatorio de Fátima Rodríguez, que compartiu a súa experiencia na posta en marcha de “Promove, proxectos e persoas”, unha consultora social creada xunto con dúas compañeiras en Compostela.
Durante este programa intensivo de 2 xornadas, abórdanse as distintas etapas para aprender a deseñar solucións viables a retos ou desafíos plantexados, ao través da innovación aberta. As persoas participantes traballarán con distintas ferramentas de design thinking para explorar e deseñar diferentes solucións.
Traballaránse aspectos como a creatividade, o pensamento innovador e a colaboración en equipo para aprender a idear solucións innovadoras a desafíos plantexados mediante un proceso estruturado.
XORNADA 1 (28 de Xuño de 15:30h a 19:30h): Innovación aberta e cocreación: presentación de retos e ideación.
XORNADA 2 (29 de Xuño de 10:00h a 14:00h): Innovación aberta e cocreación: prototipado e presentación de solucións
Dirixido a:
- Persoas emprendedoras e StartUps
- Persoas autónomas e profesionais
- Pemes, Micropemes e Empresas do territorio
- Persoas interesadas na innovación aberta e a metodoloxía design thinking.
A xornada será impartida por Pablo López, especializado nos procesos de transformación empresarial a través de metodoloxías Design Thinking, Lean Startup e Leigo Serious Play.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional co reitor da USC, Antonio López, tras a que anunciaron a elaboración dun protocolo de colaboración entre o Concello e a USC co obxectivo de favorecer a integración do estudantado na cidade e definir o uso das infraestruturas de ambas institucións que marcará "unha folla de ruta" para os vindeiros anos.
A Xunta de Goberno tomou coñecemento dos acordos das comisións bilaterais do pasado 11 de maio, relativas á rehabilitación de vivendas en Santiago de Compostela. En concreto, deu conta dos programas de axudas de eficiencia enerxética para vivendas do "Plan de recuperación, transformación e resiliencia 2023-2025" do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, financiado pola Unión Europea con cargo aos fondos Next Generation EU. Estímase que destas axudas poden beneficiarse 288 vivendas duns 70 edificios, entre as da cidade histórica e as de promoción pública construídas no século pasado.
O ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa vindeira cita o día 20 de xuño, ás 10:00 horas no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos.
O alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este sábado en La Laguna á Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), a entidade que reúne as 15 cidades recoñecidas pola Unesco polos seus valores universais excepcionais. Tras a protocolaria foto de familia, que tivo lugar na praza do Adelantado, o salón de plenos do Concello acolleu a que é a última asemblea antes da constitución das corporacións locais tras as pasadas eleccións municipais.
A concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local en funcións, Marta Abal, destacou hoxe na clausura das xornadas "Descubre o Talento", a aposta do Concello de Santiago polos centros especiais de emprego e as empresas de inserción.