• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa de axudas para a formación continua no ámbito dixital

Poderán solicitar axúdalas asociacións (incluíndo federacións, confederacións ou unións das mesmas), fundacións, así como sociedades mercantís que cumpran cos requisitos que se establecen nas bases.

O importe mínimo de axuda será de 40.000€, por cada beneficiario e proxecto subvencionable, asociado a cada grupo de rexións, ata un máximo de 500.000€ por beneficiario, en total. Subvencionarase entre o 50% e o 80%, e corresponderalle á entidade beneficiaria a porcentaxe restante.

Aprazamento de débedas derivadas de declaracións aduaneiras.

O importe da débeda a aprazar será superior a 100 euros.

O aprazamento solicitarase na propia declaración aduaneira.

A garantía aportada para a obtención do levante da mercancía será valida para a obtención do aprazamento.

O aprazamento será de seis menses desde a finalización do prazo de ingreso que corresponda.

Non se devindicarán intereses de demora durante o primeiros tres meses do aprazamento.

Modelo de solicitude para a declaración dun proxecto empresarial como iniciativa empresarial prioritaria

Para presentar a solicitude, a persoa interesada deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de declaración de iniciativa empresarial prioritaria.

Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas

Esta orde será de aplicación a todo tipo de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no ámbito de aplicación da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e aos establecementos e espazos abertos ao público en que se celebren, de conformidade coas tipoloxías establecidas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicació

Extracto da R. do 04/01/2021 se establecen bases reguladoras concesión axudas económicas réxime concorrencia non competitiva dirixidas a empresas que realizen publicacións periódicas escritas enteramente en galego

        

                     (DOG Nº 19 do 29/01/2021 )

 

      Entidades beneficiarias:

1. As entidades beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas inscritas no Rexistro Mercantil que realizasen publicacións periódicas escritas integramente en galego durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.

2. Quedan excluídos da concesión de axudas:

a) Os boletíns de información interior ou de institucións.

Extracto do orde do decembro 2020 establecen bases axudas concesión para accións silvícolas de prevención danos causados aos bosques por incendios ,desastres naturais ...

DOG 39 do 26/02/2021

 Beneficiarios.-

1. Serán beneficiarios as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.