Principia: a primeira oportunidade para o talento e a innovación
O salón de convencións do edificio CINC acollerá, o próximo venres día 20 de xullo, a partir das 10:30 horas, na cidade da Cultura, o encontro entre técnicos e investigadores, os únicos protagonistas do programa Principia, xunto cos responsables das entidades contratantes.
No encontro Principia, que organiza a Axencia Galega de Innovación, haberá relatorios de responsables de empresas como AMSlab, Biomasa Forestal ou Gabadi, permitirá compartir experiencias en torno ao talento e as novas oportunidades profesionais en Galicia.
PROGRAMA:
10:30 Presentación do Encontro
10:35 AMSlab. 
Manuel Lolo. Director xeral AMSlab 
Óscar Cascón. Analista de I+D AMSlab
10:50 Biomasa Forestal 
María Vázquez. Xefa de planta Biomasa Forestal 
Rebeca Casanova. Adxunta á xefa de planta Biomasa Forestal
11:05 Gabadi
 Hugo García. Director de operacións Gabadi 
Jorge López. Xestor de proxectos Gabadi.
11:15 Intervención de Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia
11:30 Brunch e networking
 
 
 
    
 






